Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Petón do Lobo levará a Bruselas a loita contra a mina de Corcoesto

O Petón do Lobo levará a Bruselas a loita contra a mina de Corcoesto
Asemblea da Asociacion Peton do Lobo

O vindeiro 20 de xaneiro, a Asociación Petón do Lobo estará no Parlamento Europeo facendo unha intervención para tratar o tema dos impactos do proxecto mineiro de Corcoesto sobre a Rede Natura e o LIC río Anllóns. Unha intervención que, por certo, se poderá seguir en directo dende a web europarl.europa.eu.

A entidade, que mantiña unha asemblea o pasado 11, preparou a viaxe, pero tamén tratou outros asuntos. Como a reclamación ao Alcalde de Cabana de Bergantiños sobre das infraestructuras en mal estado da parroquia de Corcoesto. Nese sentido enviaron un comunicado ao alcalde pedindo a mellora das fochancas da estrada que une o lugar de Bello con Baneira, o arranxo do alumeado público da Igrexa Parroquial de Corcoesto, o arranxo das pistas forestais destrozadas pola maquinaria pesada da empresa mineira, así como a retirada urxente das tuberías que a empresa deixou abandonadas en montes e pistas.
Ademais anunciaron a colocación de carteis e pancartas en fincas particulares denunciando o estado de abandono.

Outro tema é o acordo de solicitar o Certificado forestal FSC de calidade por parte dos propietarios de explotacións forestais, para acreditar a viabilidade económica das explotacións, a sostenibilidade ambiental das mesmas e a xestión socialmente responsable.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios