Venres. 03.05.2024
El tiempo

O berberecho do Anllóns aguanta o mercado galego

Mariscadoras do Anllons con Villares
O berberecho do Anllóns aguanta o mercado galego

Visita institucional este mércores por Cabana de Bergantiños. O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou ás mariscadoras do esteiro do Anllóns coa intención de comprobar a calidade dos produtos e o bo labor realizado no estuario do Anllóns.

O obexctivo do Concselleiro, que estivo acompañado do alcalde Jose Muíño, foi coñecer as demandas e necesidades destas profesionais do mar galegas como avaliar a situación provocada pola chegada dos pellets da vertedura provocada polo buque Toconao en augas portuguesas.

Pero sobre todo, Villares puxo en valor o traballo colectivo de mariscadoras que preside Inés García. O ano pasado as 24 mulleres e 6 homes que integran a agrupación chegarona unha cifra inédita de venda na súa historia que lles permitiu elevar a facturación e acadar un prezo medio tamén de récord. Unha situación que contrasta coa crise marisqueira do último treito do ano en moitas áreas do resto de Galicia que convén analizar para atopar os feitos diferenciáis e buscar replicar as fórmulas de traballo que tamén contribúen a esta evolución positiva.

Así, o esteiro bergantiñán consolídase como centro neurálxico no ámbito galego.

conselleiro visita Agrupación Mariscadoras Río Anllóns 1

Máis novas

Comentarios