Venres. 03.05.2024
El tiempo

O BNG presentou as súas 7 candidaturas bergantiñás

CANIDATURAS_BNG_BERGANTIÑOS_42023
Miguel Varela (Malpica), Fátima Rod. (Ponteceso), Xosé Manuel Pose Lema (Laxe), Tatiana Rellán (Cabana), Ana Pontón, Evencio Ferrero (Carballo), Carolina Castiñeiras (Laracha) e Xosé Manuel Andrade (Coristanco)
O BNG presentou as súas 7 candidaturas bergantiñás

Ata Cabana se desprazou esta mañá Ana Pontón para apoiar a presentación das candidaturas do BNG en Bergantiños de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. A líder do Bloque acompañou a Evencio Ferrero (Carballo), Carolina Castiñeiras (A Laracha), Xosé Antonio Andrade (Coristanco), Tatiana Rellán (Cabana de Bergantiños), Miguel Varela (Malpica de Bergantiños), Fátima Rodríguez (Ponteceso) e Xosé Manuel Pose (Laxe), aos que definiu como “homes e mulleres que se presentan con toda a ilusión, con amor polos seus concellos e van dar o mellor de si para facer avanzar os concellos nos que aspiran a alcaldía”.

“É o momento de pensar en grande, con propostas en positivo, avanzadas, pensando nas persoas, como fixo o Bloque en Carballo hai anos”, indicou convencida de que o BNG será a forza máis suba o vindeiro 28M, e poñendo o modelo carballés como exemplo para todo Bergantiños. “Os gobernos municipais do BNG son gobernos de calidade, son gobernos solventes, que saben xestionar con eficacia cada euro, son gobernos con capacidade de transformar en positivo e de mellorar a vida das persoas, son gobernos que dan aos concellos dinamismo económico, dinamismo social e dinamismo cultural”, subliñou a portavoz nacional.

CANIDATURAS_BNG_BERGANTIÑOS_2023

Máis novas das Eleccións

Máis novas do BNG

 

Comentarios