luns. 04.05.2026
El tiempo

FUTFEM: O Juan Cabrejo adianta ao Cabana na loita da #LigadaCostaFEM

EF Juan Cabrejo Fem a semana pasada no Pinguel
O EF Juan Cabrejo Fem a semana pasada no Pinguel
FUTFEM: O Juan Cabrejo adianta ao Cabana na loita da #LigadaCostaFEM

Continúan avanzando as 3 categorías do noso fútbol feminino. E como a meirande parte dos equipos están desenxando xa que isto acabe, facemos unhas crónicas comprimidas.

1ª Div., xornada 27

Comezamos o repaso pola 1ª Div. na que o Xallas un empate ante o potente Villalonga B, que dispón de xogadoras de categoria nacional e que ben se fixeron ver na primeira parte tendo o dominio do xogo e creando perigo constantemente. As de Eloy conseguiron remontar o gol inicial das pontevedresas, acadando o empate nunha xogada final de infarto. Era xa o minuto 90 e Oli lanzaba un córner, en curto ao ver á Sori, con apenas 15 anos, desmarcada, xa que a defensa estaba pendente da subida da porteira Peta. Sori colocouna ao segundo pau para facer saltar á bancada local.

2ª Div. Fem, xornada 29

Unha xornada menos tamén na 2ª, co Muxía facendo os deberes sen fallar ante o Brexo Lema. Os goles de Nerea, Barca (2) e de Raquel manteñen ao cadro de Noe Iglesias na primeira praza para afianzar o título de campionas de Liga.

Mentres, o Corme, con apenas 11 xustas (e xogando con 10 durante unha hora de xogo, sacaban un empate en Montrove ante o Unión Campestre, cos tantos de Ana, Saskia e Cris.

Venceu o Dumbría ao pechacancelas cos tantos de Carla Recarey e Claudia Cundíns, e no derbi da xornada, o Cee goleu a unha Esteirana que só se puido presentar con 9. Paula Veiga (4), Saray Duarte e Cris asinaron os tantos.

3ª Div., Gr.3, xornada 21

Co título listo, a atención na #LigadaCostaFEM está posta na loita entre Outes, Juan Cabrejo e Cabana pola segunda praza de ascenso directo e a de promoción.

Un equipo de Juan Cabrejo que sufría para superar a unhas Miúdas que apretaron ben e sucumbiron a un solitario gol de Paula Mouzo.

Este resultado, xunto co do enfrontamento directo, deixa ás camariñás por diante do Cabana, tras un partidazo o vivido nas Redondas, entre o campión, o Soneira, e o Cabana. Os dous equipos buscaron a vitoria dende o comezo. Eran as de Jose Manuel as que se adiantaban por medio de Alejandra. Non conseguía o Soneira combinar, ante a intensidade cabanesa. As de Roland deron un paso adiante na segunda. Ameazaba Ana cun balón ao longueiro, e pouco despois era Tamara a que aproveitaba un pase de Kenny para facer o empate ante unha Miriam que si que desbaratou un par de ocasións máis.
O empate mantén ás Irmandiñas como o único equipo invicto do Fútbol da Costa, mentres o Cabana ve como o EF Juan Cabrejo as adianta na pelexa polo ascenso directo e a promoción.

En Dubra, ademais, o Outes non fallaba. Dous goles de Laura Lires un de Carla e outro de Erika xa contra final, servían para superar 2-4 ao cadro de Dani Salgueiro, ao que lle serve un empate na última xornada para asegurar a praza de ascenso directo, unha vez que ten 2 puntos máis, e o golaveraxe individual a favor, fronte ao cadro camariñán.

Ourtes CF Feminino
O Outes CF dou un paso para asegurar o ascenso

Polo demais, Ponteceso e Xallas B, e Zas e Cerqueda asinaban táboas, e o Corcubión vencía á Baña.

Queda unha soa xornada para o remate da 3ª División.

Imaxe do Sp Zas-UD Cerqueda
Imaxe do Sp Zas-UD Cerqueda. Foto: Sp.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info

Comentarios