Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha voda neo-medieval en tempos de desescalada

Boda en denellon Cabana en tempos de crise
A imaxe da celebración da voda "covidiana" en Denellón de Iván e Raquel queda para a lembranza da pandemia
Unha voda neo-medieval en tempos de desescalada

En Fase 2, pero a “normalidade” dende logo non é como era. Así o sufriron dous mozos de Denellon (Cabana), Raquel e Iván, que tiveron que suspender a voda que tiñan fixada para este sábado 30 de maio.

Pero aproveitando a “desescalada”, os seus amig@s da RBC (a peña de amizades “República Borracha de Cesullas” que sempre vai armada a cada festa coas súas propias camisetas) quixeron darlle unha sorpresa por todo o alto e apareceron na súa casa este sábado. Era unha data especial, porque ademais este día 30 facían 13 en parella.

Non puido haber bailes apretados, nin fondas apertas (como si houbera na celebración da voda medieval celebrada co ritual da Noite de Rioboo), pero si que foi unha fermosa lembranza desa estrana normalidade que nos vai deixando a pandemia do covid-19. A imaxe así o ratifica.

Comentarios