Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo de licitación da xestión do Albergue Xuvenil de Cabana

O Albergue Xuvenil foi rehabilitado en 2011 por un Obradoiro de Emprego
Aberto o prazo de licitación da xestión do Albergue Xuvenil de Cabana

Xa está aberto o prazo para presentar ofertas na contratación da concesión da xestión do Albergue Xuvenil do Concello de Cabana de Bergantiños. O contrato ten por obxecto outorgar a xestión do servizo público do Albergue Xuvenil Municipal mediante a modalidade de concesión de servizos.

O prazo de presentación de ofertas remata o 23 de marzo e só se poderán presentar a través da plataforma de contratos do sector público no perfil de contratante do Concello de Cabana de Bergantiños, na Plataforma de Contratos del Sector Público:  ou contactando coa Secretaria do Concello de Cabana de Bergantiños, Marta Vázquez: [email protected].

Comentarios