Venres. 03.05.2024
El tiempo

Cabana abre o prazo de inscrición do seu Programa Meniñeiro 2011

Cabana abre o prazo de inscrición do seu Programa Meniñeiro 2011

O departamento de Servizo Sociais de Cabana de Bergantiños abre hoxe luns 13 de xuño o prazo para inscribirse de modo gratuíto nas dúas quendas do Programa Meniñeiro 2011 que se celebrará de luns a venres durante o mes de xullo desde as 10 ás 14 horas na Casa da Cultura. Do 4 ó 15 de xullo desenvolverase a quenda do alumnado que teña entre 5 a 8 anos. Do 16 ó 29, para os de 9 a 12 anos. O número de prazas por quenda será como máximo de 15 e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. O prazo de inscrición remata o 22 de xuño.

A finalidade o Programa Meniñeiro é proporcionar un tempo de lecer ó alumnado a través da realización de actividades lúdicas en compaña doutros nenos e nenas para fomentar a igualdade de xénero e a corresponsabilidade no fogar. Entre as propostas a desenvolver están diferentes xogos de roles, tradicionais, deportivos, creación plástica ou expresión temporal. A programación de actividades non será pechada dado que se modificarán en función das características e necesidades detectadas no grupo de participantes.

Os encargados de desenvolver estes talleres lúdicos serán monitores da empresa Breogán de Xestión e está subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cabana.

Comentarios