Cabana estreita lazos coa localidade francesa de Treize-Septiers


Vén de lonxe a colaboracióon entre o concello de Cabana de Bergantiños e a localidade francesa de Treize-Septiers. Un irmandamento que afcilita o achegamento de culturas, e que permite que os cabaneses poidan coñecer a vida en Francia.
Precisamente para iso, un grupo de 24 cabaneses, conformado por representantes municipais (Alcalde e Concelleiro de Obras e Servizos), varios traballadores municipais, profesorado do CPI As Revoltas, varios representantes de empresas de Cabana de Bergantiños, membros da Asociación Íntegro e Mariscadoras do Anllóns, así como veciños e estudantes, realizaron unha fin de semana de irmandamento (durante os días 17, 17 e 18 de setembro) coa localidade francesa de Treize-Septiers.

Programa de viaxe
O programa de actos desenvolvido foi o seguinte:
Venres 16 de setembro
- Chegada ás 2 da tarde e visita a un comedor escolar (edificio de recente construción que gañou varios premios de arquitectura relacionados coas enerxías renovables) e comida.
- Despois de comer, visitouse unha ecoplanta a onde levan os residuos. A continuación, acudiuse a un ecobarrio que o concello está construíndo tamén relacionado coas enerxías renovables; explicouse en que consistía e o custo do proxecto.
- Cerca do Ecobarrio, ensináronlles uns sinais elaborados con motivo do irmandamento.
- Inauguración dunha praza, co nome de PLACE CABANA e un futuro centro de salúde e da familia, RÉSIDENCE LA GALICE (descubriron as placas a alcaldesa de Treize-septiers Isabelle Riviere e José Muíño, alcalde de Cabana de Bergantiños)
- Pola noite, acollida oficial coa entrega de agasallos institucionais e cea coas familias de acollida.
Sábado 17 de setembro
- Visita a abadía benedictina de San Pedro de Maillezais, onde se disfrutouse da explicación da abadía por un guía vestido para a ocasión. Comida todos xuntos cerca do pantano verde e pola tarde paseo en barca polo pantano onde se viu arder a auga….. (subía o gas metano ao remover o fondo e ardía).
- Regreso a Treize – Septiers para as casas de acollida.
- Pola noite, cea con todas as persoas que forman parte do comité do irmdanamento. Bailes franceses e cancións galegas interpretadas polos participantes galegos. Mestura de produtos, comida típica francesa e queimada galega.
Domingo 18 de setembro
- Día libre coas familias de acollida, comidas familiares e pola tarde visita a varios lugares: Nantes, vila Clisson, Castelo de Tiffauges, Noir Mourtier (vila costeira)…

Vindeira cita
Para maio de 2012 está previsto a visita do grupo de Treize-Septiers a Cabana de Bergantiños.
Novas relacionadas
- 10-04-2008: Certifícase a irmandade entre Cabana e Treize-Septiers .
- Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
- De camiñada polo rego dos Muíños.
- Crónica dunha Noite no Medievo.
Fonte
- Información e fotos do Departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Cabana.