Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Cabana rende unha fermosa homenaxe ás mestras das escolas de Fontenla e Anos

Cabana rende unha fermosa homenaxe ás mestras das escolas de Fontenla e Anos

Continúa o programa de Inverno da memoria do Concello de Cabana de Bergantiños. Neaño xa acolleu as primeiras citas do Taller de memoria, ao que acoden uns 20 maiores. Entrementres o concello segue homenaxeando ás mestras das vellas escolas unitarias.

Homenaxe ás mestras de Fontenla

José Muíño Domínguez, alcalde de Cabana de Bergantiños, Carlos Allo, concelleiro de obras e servizos, así como os actuais alumnos da Escola Unitaria de Fontenla foron os encargados de lles entregar o agasallo de homenaxe coa que o Concello de Cabana de Bergantiños quere recoñecer o labor dos mestres que exerceron a docencia na totalidade das súas parroquias.

O agasallo está cargado de nostalxia dado que se trata dunha pizarra que lembra aqueles tempos nos que os nosos avós acudías, cando non tiñan que traballar na terra ou ir con gando, ás escolas do rural.

Na cita do sábado 5 de febreiro foron catro as mestras as homenaxeadas por traballar na unitaria de Fontenla, da parroquia de Cesullas: Clotilde Barrio Fernández: Silvia María Montes Fernández, Marta Meilán Fuentes e Esther Pérez Díaz.

Homenaxe ás mestras de Anos

O domingo tocaba sesión no local social da Medoña, en Anos. Nunha xornada de tarde agradable, que convidaba máis ó paseo que a honrar a memoria escolar, o local social encheuse de veciños que non paraban de realizar comentarios sobre as fotografías nas que aparecían moitos deles. Tras a proxección audiovisual das instantánesa procedeuse ó acto de homenaxe. Nesta ocasión, a representación política recaeu en Perfecto Vázquez Lema, concelleiro de Cultura, quen entregou as pizarras que seren de agasallo neste programa cultural ás mestras María José Pousa Rodríguez, Rosa Presedo Vieites e Cristina Parapar Paz. Tras a entrega pasouse á degustación do ‘chocolate da mestra’, un convite que se realizaba nas vellas escolas de Cabana cando o alumnado realizaba a primeira comuñón.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Deportamente de Cultura e Educación do Concello de Cabana.

Comentarios