Cinco concellos estudan poñer en marcha un programa de formación conxunto
08:12 30/03/16
Alcaldes da zona asistiron ao acto de clausura do obradoiro de carpinteria organizado pola asocacion Integro
Malpica, Laxe, Zas, Ponteceso e Cabana poderían poñer en marcha proximamente un programa de formación conxunto. Esta iniciativa xurdiu onte durante o acto de clausura do obradoiro de carpintería que desenvolveu a asociación Íntegro ao longo dos últimos seis meses grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo e á colaboración do concello de Cabana de Bergantiños. No acto participaron representantes dos concellos de
Así o explicou o alcalde cabanés, José Muíño, quen destacou os bos resultados do obradoiro de emprego desenvolvido cos concellos de Ponteceso e Zas e avogou pola extensión da experiencia ao resto dos concellos da agrupación supramunicipal Costa Bergantiñá. “A idea - dixo Muíño - é que cada concello homologue unha aula para impartir cursos de formación de distintas especialidades”. No caso de Cabana esa aula sería, precisamente, a nave cedida a Íntegro en Anos para impartir o obradoiro. “Seguiríamos compartíndoa con Íntegro, de balde, de xeito que a asociación poida desenvolver un traballo que lle permita subsistir, ao mesmo tempo que os concellos poidamos beneficiarnos dese servizo ademais de poder utilizar tamén a nave”, engadiu o alcalde de Cabana.
De feito, a cesión do taller á asociación Íntegro durante os últimos seis meses permitiu encher de vida unhas instalacións que non tiñan uso. Ao longo deste tempo, os alumnos e alumnas traballaron na restauración de pezas de madeira, a elaboración de mobles e a reparación de elementos do mobiliario público, principalmente. Miguel Álvarez, un dos monitores, realizou aos participantes no acto de onte unha detallada exposición dos distintos labores realizados, con especial fincapé no mantemento do mobiliario público. Papeleiras, xogos infantís, bancos... do municipio de Cabana volven a estar como novos despois de recibir o tratamento axeitado na nave de Anos. Precisamente, o alcalde de Cabana destacou a importancia do curso desenvolvido por Íntegro para este tipo de tarefas, que xa, segundo indicou, “moitas veces os concellos temos problemas para o mantemento do mobiliario en perfectas condicións”.
Os particpantes no curso de carpintería de Íntegro recibiron os seus diplomas
Pola súa banda, o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, incidiu na importancia do proxecto desenvolvido de cara á autonomía da asociación. “As entidades antes dependían case exclusivamente das subvencións, pero nós queremos demostrar que é preciso prestar un servizo á comunidade e cobrar por iso”, manifestou. Os 9 usuarios e usuarias que participaron no obradoiro de carpintería, que recibiron os seus diplomas, demostraron a súa capacidade para poder desenvolver este tipo de traballo, e, aínda máis, de “dar resposta á demanda e de facelo con calidade”, destacou López Baña.
Novas relacionadas
- Da carpintería á integración laboral
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])
- Íntegro