Luns. 22.04.2019
El tiempo

“Ciudadanos Independientes de Cabana”, a alternativa a 16 anos de goberno popular

A lista veciñal preséntase este venres, día 12 de abril no Bar “Os Barreiros” ás 21 horas, na parroquia de Cundíns.

José Díaz Rodríguez, candidato á Alcaldía de Cabana pola Agrupación de Electores Ciudadanos Independientes de Cabana
José Díaz Rodríguez, candidato á Alcaldía de Cabana pola Agrupación de Electores Ciudadanos Independientes de Cabana
“Ciudadanos Independientes de Cabana”, a alternativa a 16 anos de goberno popular

Leva meses activo denunciando numerosas carencias e desmáns no Concello de Cabana. Agora xa sabemos que o blog Un futuro para Cabana. Cidadanía en movemento pertence a unha nova candidatura.

Formarán parte da lista varios dos membros da Plataforma veciñal que veñen protestando polos abusos de poder en materia urbanística do alcalde.

Será José Díaz Rodríguez o candidato á alcadía pola nova Agrupación “Ciudadanos Independientes de Cabana”. Un partido político que se presenta como “alternativa do cambio con un grupo de persoas boas, honradas, responsables e moi traballadoras”, sabendo que Cabana necesita un “cambio drástico” despois de 16 anos, si, 16 anos, de goberno do popular José Muíño.

Un concello no que a oposición leva paralizada, alomenos, estes 4 anos, cun BNG (que ten un concelleiro) que aínda non presentou candidato, e un PSOE (conta con 3 edís) que aínda tampouco fixo público o relevo que vai deixar Enrique Díaz Varela.

Novas relacionadas

Comentarios