COGAMI busca alumnado con diversidade para un curso de actividades administrativas que se desenvolve Íntegro
As persoas maiores de idade, que teñan certificado de discapacidade ou unha incapacidade laboral para a profesión habitual, poden reservar praza no curso que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) vai iniciar nas instalacións que ten en Nantón a asociación Íntegro, unha das cincuenta e cinco entidades membro de COGAMI.
O curso é de Actividades administrativas na relación co cliente e contará con 818 horas lectivas das que 120 serán para realizar prácticas en empresas da zona. Esta formación, totalmente gratuíta, iniciará o 11 de novembro e impartirase en horario de 9 a 14 horas. A data de finalización será a mediados do mes de xullo.
As persoas interesadas obterán un certificado de acreditación nivel 2 e, como requisito de acceso, aparte do certificado de discapacidade sería cumprir estes outros: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria; certificado de profesionalidade de nivel 2; certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional; cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben haber superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.