Corcoesto estrea a súa Vía Céltica

10:27 30/05/22
Este sábado quedou inaugurado o tramo da ruta xacobea Vía Céltica que vai desde a Igrexa San Fiz de Anllóns a Santa Margarida de Baneira, en Corcoesto. Unha ducia de camiñantes disfrutaron do fermoso antigo camiño real, nunha xornada que serve para reivindicar a importancia do patrimonio natural e etnográfico ante a ameaza constante dos eólicos.
Ademais, lembran que xa se poden selar as credenciais da Vía Céltica na Capela de Santa Margarida de Baneira, calquera día da semana.
NOVAS RELACIONADAS
- Maio 22: A Vía Céltica pide o recoñecemento oficial da Xunta.
- Decembro 21: A “Vía Céltica” xa é Camiño oficial de peregrinación.
- Setembro 21: Satisfacción na Asociación Costavales ante a boa acollida da presentación da Vía Céltica Xacobea.
- Setembro 21: A Vía Céltica, o Camiño de Santiago que atravesa o altiplano do Xallas.