venres. 13.06.2025
El tiempo

Os Cormoráns invitan a limpar a enseada do Anllóns

limpeza cormorans
Os Cormoráns invitan a limpar a enseada do Anllóns

Co gallo do Día do Medio Ambiente e do Día dos Océanos, a ACD Cormoráns convocan unha actividade singular: unha recollida de lixo nalgunhas das praias de Cabana de Bergantiños. Está formulada para todos os públicos, para realizar a pé pero tamén en kaiaks, para deixar o máis limpos posibles os areais do Pendón e da marabillosa Barra, e gozar ademais dun dos espazos naturais máis incribles da comarca de Bergantiños.

A xornada será o sábado ás 17:00h e cómpre inscribirse antes da mañá do sábado nos 626 622 397, 617 080 445.

Comentarios