“A Costa da Morte está a tempo de evitar que sexa irreversible a expansión da herba da pampa”
A entrada da Coruña, ou a propia AP9 está absolutamente infectada de herba da pampa. Pero por agora, a Costa da Morte está resistindo a propagación da 'Cortaderia Selloana’, a especie invasora que coloniza Galicia dende a autoestrada AP-9 ate a costa. Apenas Laracha ten realizado accións contra o plumacho.
Porén, alertan de que a falta de medidas preventivas, a expansión a través da autoestrada AG-55 (A Coruña - Carballo), está a experimentar un crecemento exponencial da invasora nos últimos anos. “Na estrada costeira hai varios núcleos de Cortaderia que aínda están illados desde Carballo a Finisterre, os cales serían fáciles de controlar se se trata a tempo, polo que aprema frear a súa expansión e poñerlle fin para evitar os dous grandes problemas que trae consigo: saúde pública e ambiental. Por elo, é imprescindible concienciar e sensibilizar á cidadanía, e iso é o que se está facendo desde a Asociación Galicia Ambiental”, así llo manifestou o Presidente da Asociación Galicia Ambiental na visita desta maña no colexio CPI As Revoltas en A Carballa no que deu unha charla informativa a 90 alumnos da ESO sobre a problemática das invasoras, en especial da Herba da Pampa, dentro do proxecto europeo LIFE Coop Cortaderia que a organización executa en Galicia.
A Asociación Galicia Ambiental continúa con esta campaña de educación ambiental e sensibilización deste novo curso 2024/25, en centros educativo. As actividades, contarán ademais cun material formativo baseado nun cómic de "Os Bolechas", e están dirixidas a estudantes, especialmente aos de 5º e 6º de primaria e de 1º da ESO a bacharelato.