Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte na vangarda académica das finanzas e a sostibilidade

David Allo e Fernando Baneira 2
David Allo e Fernando Baneira son asiduos dos sendeiros da caomrca
A Costa da Morte na vangarda académica das finanzas e a sostibilidade

Hoxe traemos unha novidade en materia de sostibilidade, eido no que a Costa da Morte non deixan de sorprendern con propostas vangardistas. Neste caso a proposta chega dende dous profesionais de Cabana de Bergantiños na área académica, que fan encaixe para unir o mundo das finanzas e da sostibilidade, unha auténtica necesidade a nivel global.

David Allo e Fernando Baneira, naturais de Cabana de Bergantiños, van  formar parte do cadro docente do Programa “Executive de Finanzas Sostibles” (Programa Executive de Finanzas Sostenibles (ebf.com.es)), que pretende dotar de coñecemento práctico a novos alumn@s de perfil senior para afrontar os retos ambientais, sociais e as vangardas legais e de requirimentos que están por vir dende Europa.

Estas dúas disciplinas, Finanzas e Sostibilidade, según David Allo están cada vez máis aliñadas: “Estamos nun momento moi doce no que as finanzas, o medio ambiente e a parte social están máis aliñadas ca nunca debido a requirimentos legais, de inversores e máis que van avanzar por necesidades planetarias e sociais". 

Estas vangardas Europeas están encabezadas polo Green Deal (Pacto Verde Europeo), a Taxonomy, as ambicións de descarbonización e o empoderamento do consumidor final a través da Consumer Agenda. Os criterios Ambientais, Sociais e de Bo Goberno (ASG) ou as siglas en Inglés ESG van ser común denominador. Criterios dos fondos europeos, requirimentos das empresas para render contas á sociedade en xeral ou a inversores internacionais, ata deberían aparecer para avaliar a xestión política a todos os niveis.

Esta auténtica revolución precisa de profesionais con coñecementos específicos por iso dende a Escola de Negocios da Coruña European Bussines Factory (EBF escuela negocios A Coruña | #beunexpected) da Coruña non dubidaron en coller esta proposta na que se xuntarán profesionais de primeiro orde e referentes internacionais de diferentes empresas (Estrella Galicia, Greenalia, Profand, KPMG, Agroamb, Pacto Mundial, Etc.) para de maneira practica trasladar as últimas vangardas en: reporting, xestión empresarial, requerimentos de clientes, inversores, etc. e axudar así a perfiles sénior a ser mais completos e complexos, capaces de afrontar os retos actuais.

David Allo e Fernando Baneira
David Allo e Fernando Baneira

O costeiro David Allo (David Allo | LinkedIn) trasladará de maneira práctica como elaborar e afrontar unha Estratexia de Sostenibilidade en organizacións complexas para estar na vangarda e ser líderes, acadar esixencias de clientes, requirimentos legais ou adaptarse os novos contextos de descarbonización, a economía circular e o empoderamento do consumidor final.

Fernando Baneira (Dr. Fernando Baneira | LinkedIn) falará de cómo o sector automoción afronta a revolución da electrificación no contexto actual.

Como inscribirse

Estas formacións poden estar bonificadas por Fundae (Antiga tripartita) ou polas becas Naru para que podan ser accesibles a todos os bolsillos. Para máis información podes poñerte en contacto con EBF a través do teléfono +34 900 900 846 ou a través da web Programa Executive de Finanzas Sostenibles (ebf.com.es).

Comentarios