Martes. 19.11.2019
El tiempo

Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto

Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto

Nova disxuntiva á que se enfronta a veciñanza da Costa da Morte: emprego ou patrimonio? Nesa situación atópanse os veciños de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños. Dende hai uns meses, a empresa canadiense Edgewater, xa denominada "Grupo Minero Corcoesto", explota xa unha mina de ouro nos bosques cabaneses ante a satisfacción dos que pensan que trae emprego e o lamento dos que sinalan que é un ataque directo á natureza e o medio ambiente.

Estudio de impacto de Ambiental a exposición pública

Precisamente o DOG do pasado mércores 2 de maio publica a exposición pública do Proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración, xa considerado Proxecto industrial estratéxico segundo a Lei 13/2001.

Así, o Proxecto poderá ser estudiado publicamente e se poderán presentar presentar alegacións dende hoxe e por un prazo de 30 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución. Poden consultar nas oficinas da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Dúas posición encontradas

Por unha banda, dende a empresa aseguran que xa traballan 45 persoas e que de aquí a un ano, cando a mina traballe a pleno rendemento, o farán 270 de empregados directos. Todo para extraer unhas 400 toneladas de ouro puro, que dará choio para uns 10 anos.

Polo lado contrario sitúanse os máis conservacionistas co patrimonio natural da zona. Entre eles un activo grupo de veciños de Corcoesto que xa teñen creado a Plataforma pola Defensa de Corcoesto, e mesmo un espazo para o debate na rede, a través do Grupo de Facebook Corcoesto: non todo é brillo no ouro, apoiada polo colectivo ecoloxista Verdegaia.
Para eles "o alto índice de desemprego non pode xustificar un proxecto mineiro con tanto risco para a natureza". E de feito xa teñen publicado o seu Manifesto da Plataforma no que entre outras cousas denuncian que a mina utilizará cianuro para a separación do metal noble.

"Alteración da orde económica

O Colectivo denuncia "a perda de valor do patrimonio, e do irreparable destrozo ambiental e paisaxístico que vai a provocar, coa conseguinte repercusión nas actividades económicas locais, como a agroalimentaria, a gandeira ou a forestal, bases da economía destes núcleos de poboación". Destacan tamén "a incidencia negativa sobre as actividades vinculadas ó lecer e ó turismo", con proxectos en vías de desenvolvemento.

En definitiva, "unha alteración da orde económica da zona, que non se compensa coa oferta real en postos de traballo, habitualmente superior á demanda, e desproporcionada en relación ó desembolso millonario necesario para un prazo moi curto de actividade (tan só 11 anos)."

Ademais, inciden en que a expropiación do monte é outra das grandes perdas económicas tanto pola mesma perda da propiedade, mercada ou a miúdo herdada, como pola perda das axudas Europas da PAC".

Pola mellor información

Un manifesto que non ten outro obxectivo que o de informar aos veciños integramente para que estes poidan "ter opinión e criterio para posicionarse a favor ou en contra dun proxecto mineiro destas dimensións". Ademais, están a realizando xuntanzas informativas, como a que desenvolveron esta pasada fin de semana coa asociación "Lareira de Corcoesto", contando con expertos que poidan explicar as repercusións do impacto económico da mina, a creación de emprego, as rendas que reverten nos concellos e os efectos sobre o medio natural ou sobre a calidade de vida das persoas.

Son 6 os puntos principais sobre os que recincide o Manifesto:

  • 1.- A auga (a traída veciñal, os pozos e as fontes): A actividade mineira emprega unha gran cantidade de auga procedente dos cursos regulares da zona (ríos, fontes, mananciais, regatos…) que se mestura con cianuro para separar o ouro do resto dos materiais. (...)
  • 2.- As voaduras: Para explotar unha mina a ceo aberto fanse voaduras empregando explosivos que fan tremer a terra. Estas voaduras van ser constantes e teñen varios efectos para nós como veciños (...)
  • 3.- A expropiación do monte: Para poder expropiarnos o monte é precisa a previa declaración de utilidade pública ou de interese social do proxecto mineiro que ten que facer unha administración pública, neste caso a Xunta de Galicia. (...)
  • 4.- Os residuos: Os terreos próximos á explotación, desprovistos da capa vexetal actual, destinaranse ao almacenamento de millóns de metros cúbicos de estériles procedentes dunha primeira criba da actividade extractiva da mina, provocando un depósito de grande volume de quilómetros de extensión. (...)
  • 5.- A repercusión económica: A actividade mineira recibe financiación a partir de subvencións millonarias absolutamente desproporcionadas en comparación ao beneficio real que xera localmente. É habitual a promesa de máis postos de traballo locais dos que verdadeiramente se necesitan, pois a man de obra especializada para o manexo de maquinaria (que realiza o traballo maioritario) non se atopa na zona. (...)
  • 6.- Repercusión social: A diversidade de opinións que xera este proxecto ten unha manifestación social inmediata no posicionamento a favor ou en contra das súas consecuencias para a parroquia, o Concello e arredores, sen deixar indiferente a ninguén. (...).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios