Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe

Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
Liñas de evacuación eléctrica do parque eólico de Mouriños-Laxe Clara está a proximidade entre os parques eólicos de Cabana e de Laxe-Fonte-Salvemos Cabana

O de Mouriños será, con probabilidade, un dos seguintes parques eólicos que aprobe a Xunta, despois da autorización do Parque Eólico de Catasol II a pesar da posición contraria de todo o pobo de Laxe. Os parques cabanés e laxeiro están pendentes da resposta do Parlamento Europeo a unha pregunta formulada Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde sobre a polémica aprobación do estudo de impacto ambiental de ambos proxectos eólicos, moi próximos entre si.

Precisamente esa tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental (EIA) de dous proxectos eólicos próximos e adxacentes pertencentes á mesma empresa (Gas Natural Fenosa), é a base do recurso que vai presentar a plataforma Salvemos Cabana ante o a eventual aprobación da “Declaración de Impacto Ambiental” (DIA) do proxecto eólico Mouriños.

A asociación, entre cuxos obxectivos fundacionais está a defensa ambiental, recorrerá o ditame da Consellería de Medio Ambiente como fase previa á xurisdición contencioso-administrativa.

Considera Salvemos Cabana que “non se están a avaliar os efectos reais sobre o medio natural” nin “tampouco tomando en consideración os efectos e o impacto conxunto destas instalacións tan próximas nun dos poucos tramos costeiros de Galicia nos que ata o de agora non existían parques eólicos”.

Sinalan que ademais no caso do proxecto Mouriños o estudo de impacto ambiental “non avalía suficientemente” o impacto do proxecto en hábitats prioritarios de conservación e a Unión Europea segundo a Directiva 92/43/CEE, lembrando a posible afectación á especie Emberiza Schoeniclus L. subsp. lusitanica, un ave en perigo de extinción”.

Artigos eólicos

Novas eólicas

Fonte

Comentarios