Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Denuncian que o Concello de Cabana fai pagar unhas obras de saneamento á veciñanza da Gándara

Juan Varela Martinez PSOE Cabana
Juan Ramón Varela Martínez, voceiro do PSOE Cabana
Denuncian que o Concello de Cabana fai pagar unhas obras de saneamento á veciñanza da Gándara

O PSOE de Cabana de Bergantiños lanza unha dura denuncia, asegurando que o concello fai pagar aos veciños e veciñas da zona da Gándara (Cundíns) unhas obras de saneamento.

En concreto, afirma que os propietarios das vivendas repartiron o custo das tuberías de recollida de augas residuais e o mortero para tapalas. En total, mais de 1.000 euros. O PSOE lamenta este feito e respalda as queixas dos veciños.

O PSOE lémbralle ao concello que "a Lei de Administración Local de Galicia afirma, no seu artigo 57.g, que é un dereito dos vecinos esixir a prestación do servizo público cando sexa competencia municipal propia”. Como se recolle ademais no Capítulo IV, artigo 80.1, son competencias propias do Concello “prestar tódolos servizos públicos para satisfacer as necesidades dos vecinos”.

“Facer pagar ós vecinos e despois ir pasar o asfalto e pintar a vía para poñer de propaganda do que fai o PP non é admisible. Os veciños merecen máis respecto”, asegura o voceiro do PSdG-PSOE, Juan Ramón Varela Martínez.

Comentarios