Diversiplás de Íntegro: A combinación perfecta da loita contra o lixo mariño e a integración das persoas con diversidade

Visita institucional esta mañá de martes ao taller ocupacional do proxecto de economía circular Diversiplás+Diverso–Plástico, coordinado pola Asociación Íntegro ao abeiro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quixo coñecer de primeira man esta aposta pola reciclaxe e a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional.
A iniciativa é un dos mellores exemplos do país de economía circula, que inclúe accións de asesoramento e visibilización da inclusión social, concienciación ambiental, técnicas de reciclaxe e deseño de produtos.
Quintana viu como traballando os usuari@s no obradoiro que ten a asociación en Cabana, e viu todo o proceso. O primeiro paso é a recollida de material plástico. Paara iso repartiu máis de 25 contedores entre confrarías e concellos da Costa da Morte e no primeiro trimestre recolleron máis de 400 quilos de residuos coa participación dun total de 87 persoas nas distintas actividades desenvolvidas.
Unha vez os usuari@s reciben eses contedores, os separan manualmente por cores. Os residuos seleccionados pasan por máquinas para os procesos de triturado, inxección, extrusión e compresión. E unha vez co novo material, danlle unha segunda vida converténdoos en artigos como pequenos testos para as plantas, colgantes, brazaletes e agullas para redes.
As responsables da Xunta proxecto coordinado por Íntegro está incluído na comunidade Internacional Precius Plastic, un movemento mundial que combate a contaminación plástica a través da economía circular e a reciclaxe.
Novas de Íntegro
- O 27 de maio, o Festigual, a gran festa diversa de Íntegro.
- marzo 23: A Deputación recoñece os 30 anos de traballo en favor da inclusión da Asociación Íntegro:
- As campañas de sensibilización de Íntegro percorren de novo os centros educativos da Costa da Morte
- 45 usuari@s de Íntegro crean elementos reciclados co proxecto Diversiplás