Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Deputación recoñece os 30 anos de traballo en favor da inclusión da Asociación Íntegro

Adolfo de Integro Premio Social Deputacion
Adolfo López recollendo a mans da deputada Ana Lamas o galardón provincial
A Deputación recoñece os 30 anos de traballo en favor da inclusión da Asociación Íntegro

Esta pasada noite de xoves a Deputación facía entrega dos II Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais. Cinco entidades da provincia recibiron este galardón polo seu traballo a favor da inclusión social e a protección dos colectivos máis vulnerables. E unha, moi nosa, recibiu unha das díuas mencións honoríficas.

No IES Rosalía Mera estiveron os representantes da Asociación Íntegro para recoller unha desas mencións honoríficas, polo seu 30 aniversario. A familia cabanesa recibiu o mesmo recoñecemento que a Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga) polo seu programa de itinerarios académicos post-obrigatorios.

Ademais, a Deputación recoñeceu 5 entidades polos seus proxectosd:

  • Asociación Down Coruña, polo proxecto de inserción sociolaboral “Quiosco Down Experiencie” ubicado na praza de Ourense da Coruña;
  • Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol, polo proxecto de fomento da vida independente “Marcho que teño que marchar”;
  • Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista TEA (Aspanaes) da provincia de A Coruña, polo proxecto sociosanitario “Dentisteando. programa de sensibilización”.
  • Asociación Ambar de Barbanza, pola súa traxectoria exemplar de apoio ás persoas con diversidade funcional.
Premios Sociais Deputacion Coruna 2023
Foto de famiia dos Premios Sociais da Deputación

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, quixo lembrar que “as entidades que hoxe premiamos manteñen un compromiso constante no campo social e na protección dos colectivos máis vulnerables na provincia. Un logro que non sería posible sen o esforzo e implicación de milleiros de profesionais do eido sociosanitario que cada día traballan para ofrecer novas oportunidades e mellorar a vida de persoas en situacións especialmente vulnerables e das súas familias”.

Premios Sociais Deputacion

Comentarios