Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Festigual, a gran festa diversa de Íntegro

Festival Integro
O Festigual, a gran festa diversa de Íntegro

O 27 de maio é a data escollida para a celebración do FestIgual. A xornada festival de inclusión organizada pola familia de Íntegro (e a súa empresa de inclusión laboral Máis Porvir Xestión Social) desenvolverase no campo da festa de Nantón, en Cabana con música, artesanía, obradoiros, gastronomía e xogos infantís. Unha festa que trata de "promover novos espazos de encontro coa comunidade para celebrar a diversidade como valor irrenunciable dunha sociedade que camiña cara a plena inclusión e a igualdade de oportunidades para todos e todas".

Así o explicaba o presidente da entidade Adolfo López Baña, que espera que a veciñanza encha de vida a gran carpa que se vai instalar dende as 12:00h. López Baña sublilou o carácter “aberto e participativo desta convocatoria como fiel reflexo da sociedade diversa e plural na que vivimos e na que todos/as somos diversamente iguais”.

Adolfo Lopez Bana Integro
O presidente de Íntegro, Adolfo López Baña; o alcalde da localidade, José Muíño e a directora do Centro de Recursos, Noelia Barreira

Programa

Música

  • 12.00h. Pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional Inllar
  • 13.30h. Sesión vermú co Dúo Estrelas
  • 16.30h. Foliada protagonizada por Os Farrapos de Cesullas

Gastronomía

  • Xantar popular a base de tortilla, empanada, bocadillos, larpeira... Venda anticipada de tickets no 981 734 985 e nas propias instalacións. Pre-venda promocional (auga/refresco + tortilla + larpeira= 5,50€) do 19 de abril ao 10 de maio.

Animación infantil

  • 15.00h-18.00h. Inchables, xogos e pintacaras para os peques da casa

Artesanía

  • 12.00h-20.00h. Postos de artesanía e produtos ecolóxicos. Participarán produtores locais e entidades sociais da Costa da Morte.

Medio ambiente

  • Instalación dun punto de #PlásticoCero para informar e sensibilizar á veciñanza sobre a importancia de reducir o consumo de plástico na nosa vida diaria e contribuír á súa reutilización e reciclaxe. Ademais, polo simbólico prezo de 1€ todos os/as asistentes poderán mercar os seus propios envases reutilizables, de uso obrigatorio durante a festa como mostra de compromiso social para o coidado do medio ambiente e a sostibilidade do planeta.

Comentarios