Mércores. 28.10.2020
El tiempo

O Dolmen de Dombate énchese de vida cultural por verán

O Dolmen de Dombate énchese de vida cultural por verán

Co horario de verán xa dende o pasado 1 de xuño, a actividade cultural acentúase no Dolmen de Dombate para os meses de xullo e agosto. O programa artellado pola Deputación da Coruña e o Concello de Cabana inclúe propostas lúdicas e divulgativas adaptadas á prevención e seguridade precisa ante a Covid-19.

Son unha serie de actividades de balde pero para algunhas é preciso inscribirse previamente os interesados deben enviar un correo a [email protected] indicando nome e teléfono de contacto.

Visitas teatralizadas cos Quinquilláns

Un ano máis Os Quinquilláns serán os protagonistas de ‘O tempo das pedras’, visita teatralizada ao carón dos pinos do Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate.
As sesión repetiranse os sábados de xullo e agosto ás 18:00 e 19:30 (dous pases), con entrada gratuíta ata completar aforo (non é necesaria inscrición previa).

Obradoiros de Prehistoria con Galipat

cabana-dombate-obradoiros-xullo-1 copia

Así mesmo, volven os obradoiros de Prehistoria ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate con Galipat Servizos Culturais. Tamén haberá doble sesión (ás 11:00 e 12:30) os sábados e domingos de xullo e agosto no piñeiral do Dolmen de Dombate, cun aforo limitado -10 persoas.

Para as actividades nas que é preciso inscribirse previamente os interesados deben enviar un correo a [email protected] indicando nome e teléfono de contacto.

Visitas nocturnas

cabana-dombate-visitanocturna-2020 copia

Noites de estrelas con Jorge Mira

cabana-dombate-noites de estrelas-2020 copia

Arqueociclismo

cabana-dombate-arqueociclismo-2020

Mediodías musicais

cabana-dombate-mediodías musicais-2020 copia

Música na catedral

cabana-música na catedral-2020 copia

 

 

Novas relacionadas

comentarios