Martes. 16.07.2019
El tiempo

Dombate non supera a marca dos 30.000 visitantes

Dombate non supera a marca dos 30.000 visitantes
Os escolares son boa parte dos visitantes ao Dolmen de Dombate Os escolares representan unha parte dos visitantes ao Dolmen de Dombate

Xa ten o Servizo de Seguridade e Vixiancia do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate os datos de visitantes de 2017. Uns datos que deixan lugar á reflexións, pois parece que se estanca despois de 7 anos de continuo crecemento dende a súa inauguración en 2011.

Este 2017, nas máis de 3.000 visitas guiadas, foron 28.046 visitantes os que recibíu a Catedral do Megalitismo, 697 menos que en 2017. Unha cifra ademais que se asemella á dos visitante no Castelo de Vimianzo, e que fica moi lonxe dos do Cabo Fisterra.

Nestes datos inclúense os visitantes asistentes ás actividades complementarias (visitas teatralizadas, nocturnas, concertos, roteiros…).

Os datos:

Horario

Ata marzo de 2019 o horario de visitas guiadas seguirá sendo o mesmo de tempada baixa: De venres a domingo en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/dombate-roza-os-30-000-visitantes-en-2017/

Comentarios
MesVisitantes
Xaneiro 314
Febreiro 522
Marzo 1661
Abril 2129
Maio 3114
Xuño 3058
Xullo 4396
Agosto 7272
Setembro 2828
Outubro 998
Novembro 712
Decembro 1042
Total 2018 28.046 visitantes