Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Dombate prepárase para unha nova temporada de visitas escolares e para un taller de xoiería megalítica

Nova temporada para o Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate. A catedral do megalitismo galego segue sendo foco de atracción para os centros de ensino de todo o país como lugar de culto onde poder ensinar, in situ, a nosa historia.

Ademais, o Centro acolle este mes unha actividade especial, relacionada coa xoiería.

Obradoiro de Xoeiria Cabana Dombate.1
Dombate prepárase para unha nova temporada de visitas escolares e para un taller de xoiería megalítica

Obradoiro de Xoeiría megalítica

O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate será un lugar ideal para o desenvolvemento dun obradoiro de Xoiería Megalítica. Este xoves 21 de febreiro, será a súa presentación oficial, e será a directora artística do curso, Yanet Ruíz, a encargada de informar sobre o mesmo.

O obradoiro desenvolvera os 29, 30 e 31 de marzo, despois dun cambio de datas. Todas as persoas que achegaran xa a súa inscrición a través do email: [email protected].

Programa Obradoiro de Xoeiria Cabana Dombate copia

Visitas escolares

Xa está aberto o prazo de inscrición para a Campaña de Visitas Escolares 2019 no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate.

A oferta de obradoiros de prehistoria de balde (na aula do Neolítico) e as visitas guiadas (no Centro Arqueolóxico) vai dirixida a todos os centros educativos da provincia da Coruña aínda que tamén poden participar escolares doutras provincias que veñan de visita pola Costa da Morte.

A día de hoxe xa hai reservados 18 días con 18 colexios (moitos deles centros que repiten doutros anos) dos 40 dispoñibles ata finais do curso 2018-2019. A campaña comezará o venres 1 de marzo co cambio de horarios que achegamos neste email. O primeiro colexio, de momento, será o CEIP Graxal de Cambre o 8 de marzo con 55 escolares de infantil.

Poden informarse en [email protected] ou [email protected].

Horarios para as Visitas Guiadas

HORARIOS Visitas Guiadas Dombate 2019

Novas relacionadas

Comentarios