Dous feridos tras unha colisión múltiple en Neaño

13:08 14/02/19
Esta mañá rexistrouse unha colisión múltiple en Cabana de Bergantiños. Catro vehículos víronse implicados nun choque na curva do Picón, na estrada de Ponteceso a Laxe, xusto antes de Apligasa, preto d Neaño. Eran ás 11:00h da mañá e o 112 mobilizou ao 061, Bombeiros de bergantiños, GES de Ponteceso, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.
Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladas ao Hospital.