Emigrantes na propia provincia
10:00 13/03/17
Fonte-QPC cos datos do IGE
Mentres a Costa da Morte continúa sufrindo a sangría demográfica polo envellecemento, temos que sumarlle á carga da emigración. Ano tras ano son máis os costeiros que teñen que coller as maletas e marchar. Entre 1998 e 2016 aumentou un 17% a emigración costeira, tendo hoxendía 35.500 emigrantes, 5.200 máis que en 1998, e supoñendo un 29% da poboación costeira, cando en 1998 a poboación emigrante representaba un 21%.
Datos que ademais son máis trascendentes se valoramos que a poboación costeira diminuíu nun 14% neses últimos 18 anos.
Analizando os datos do Instituto Galego de Estatística, vemos ademais unha variante ben interesante. Un 70% dos “emigrantes” costeiros viven noutro concello na mesma provincia. Así, nada menos que un 20% da poboación da Costa da Morte reside noutro concello da provincia. Podemos dicir entón, sen equivocarnos nadiña e coñecendo os nosos costumes, que a poboación costeira é un 20% maior as fins de semana que durante os días laborables.
Máis emigrantes no estranxeiro
En todo caso, a emigración ao estranxeiro tamén aumenta. Os residentes no estranxeiro representan neste 2016 o 18% dos nosos emigrantes, e un 5% da poboación costeira. Iso si, en 1998 os emigrantes no estranxeiro en 1998 supuñan un 3%, polo que o aumento da emigración queda patente con 2.300 emigrantes máis que hai 18 anos.Concello a Concello
Ollando os datos municipais, Carballo é o que peor se porta en termos de emigración comparando as cifras de 1998 e 2016, se ben é o único concello da bisbarra, xunto a Cee, que viu medrar a súa poboación xeral. De feito, Cee tamén sufriu moito a emigración , segundo os datos absolutos. Pola contra, Cabana e Dumbría son os menos sufriron a emigración, e se ben a sangría poboacional reduxo enormemente a súa poboación nestes 18 anos, teñen menos emigrantes que entón.Novas relacionadas
- Febreiro 2017: A Costa da Morte perde uns 33.000 habitantes en vinte anos.
- O 70% da pobación da Costa da Morte concéntrase núcleos de entre 2000 e 5000 habitantes
- A poboación da Costa da Morte maior de 85 anos supera á infantil
- Aumenta o número de partos no hospital Virxe da Xunqueira
- 2014: Sangría poboacional: Só Cee e Carballo teñen números positivos na última década
- 2014: A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano.
- 2014: A lingua galega sobrevive na Costa da Morte.
- 2012: Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- 2011: A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
- Continúa a sangría poboacional en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- IGE