Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Enviado a prisión provisional e sen fianza o acusado de matar á súa parella en Canduas

Enviado a prisión provisional e sen fianza o acusado de matar á súa parella en Canduas
violencia-machista-cabana Julián Gil entrou no Xulgado de Carballo nun coche da Garda Civil ás 11:00 horas de onte e saeu dirección á cárcel de Teixeiro pasadas as 16:00 horas Mentras centos de veciños e veciñas de toda a Costa da Morte se despedían de Ana Belén Varela Ordóñez no tanatorio de Ponteceso, o xuíz do número 1 de Carballo enviaba onte a prisión provisional e sen fianza a Julián Gil, quen presuntamente matou á súa muller ao redor das 17:00 horas na súa casa de Tras da Agra, en Canduas (Cabana de Bergantiños). O presunto autor deste crime de violencia machista está sendo investigado por asasinato e por tenencia ilícita de armas mentras que na rolda de preguntas se acolleu ao seu dereito a non declarar. O detido foi trasladado ao Xulgado de Carballo a bordo dun coche da Garda Civil ás 11:00 horas e saiu en dirección á cárcel de Teixeiro pasadas as catro da tarde. Ata o Xulgado carballés tamén se desprazaron onte pola mañá os fillos do matrimonio - que estaban na casa no momento dos feitos - e o irmá da vítima. Segundo fontes próximas á parella, Ana Belén Varela e Julián Gil - de 50 e 56 anos respectivamente - estaban en trámites de separación ainda que non existían denuncias previas por malos tratos. Dende ese momento, foron moitos os colectivos, administracións e persoas as que mostraron a súa repulsa e consternación ante este novo caso de violencia de xénero e que toca de cheo na comarca. Con ela, son xa 26 as mulleres que morreron a mans das súas parellas no conxunto do territorio nacional. Manifestacións asdf A praza do Recheo de Ponteceso acolleu onte unha manifestación onde se liu un manifesto e se gardou un minuto de silencio Onte continuaron na bisbarra as manifestacións en contra da violencia machista. Así en Ponteceso celebrouse onte á tarde unha concentración na praza do Recheo na que a concelleira Isabel Vuelta liu o seguinte manifesto: "Desde o Concello de Ponteceso queremos expresar con esta concentración simbólica o noso rexeitamento absoluto a calquera forma de violencia, física, psicolóxica ou sexual, exercida contra a muller. Queremos, ao mesmo tempo, trasladar a nosa solidariedade e apoio aos fillos e ás persoas máis achegadas a Ana Belén Varela Ordóñez, a última vítima da violencia machista, unha persoa coñecida e apreciada por moitos e moitas de nós. A súa morte demostra que a violencia de xénero é un problema de toda a sociedade, e que non podemos permanecer alleos nin impasibles cando unha veciña nosa é asasinada polo simple feito de ser muller. Con Ana Belén son 26 as mulleres mortas este ano no noso país, tres delas en Galicia. Pero non queremos que nin ela nin as outras 25 se convertan en simples estatísticas. Cada vez que unha muller é asasinada por ser muller fracasamos coma sociedade. Desde o Concello de Ponteceso non queremos ser cómplices dese fracaso nin dos dramas familiares que provoca. Que esta concentración simbólica de hoxe non quede só nun xesto, senón que sirva como mostra da firmeza de todas as persoas que estamos aquí contra a violencia machista. Oxalá Ana Belén sexa a última. Na súa lembranza imos gardar un minuto de silencio".  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/consternacion-e-repulsa-ante-o-asasinato-de-violencia-de-xenero-de-canduas/ “Falece unha muller en Canduas por un posible caso de violencia de xénero” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios