Este venres toca cita informativa ca LOMCE en Cabana

Mobilización e información. Esa é a doble loita que está a levar a Federación de ANPAS da Costa da Morte contra a LOMCE. Desta volta, conscientes da necesidade de seguir informando á comunidade educativa continúan coa serie de charlas "A LOMCE a debate“.

E o farán o venres 21 de xuño ás 20:00h, no CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, organizada pola anpa A Riveira, o Colectivo de nais e pais de alumnos de Laxe e a federación de anpas da Costa da Morte.

Unha lei que, polas súas características, permitirá que só estude o alumnado de familias con alto poder adquisitivo, sigue sumando elementos que engaden polémica á xa existente polos perniciosos efectos da imposición das reválidas ou a eliminación do ensino en galego.

Sempre aproveitan as notas para lembrar que, neste proxecto de lei, a materia de Relixión volverá ser computable e terá o mesmo tratamento que Matemáticas, contará para a nota media, para a obtención de becas e a efectos de repetición de curso. A LOMCE vaise implantar con fondos europeos, ou sexa, conseguir entre un 50% e un 60% dos custos directos desta lei reaccionaria, sacándoos doutras partidas necesarias para a sociedade. Unha lei para uns poucos e pagada por todos.

Así que os pais e nais que queiran máis información, teñen unha cita en Cabana.

Novas relacionadas

Fonte