Este venres toca cita informativa ca LOMCE en Cabana


Mobilización e información. Esa é a doble loita que está a levar a Federación de ANPAS da Costa da Morte contra a LOMCE. Desta volta, conscientes da necesidade de seguir informando á comunidade educativa continúan coa serie de charlas "A LOMCE a debate“.
E o farán o venres 21 de xuño ás 20:00h, no CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, organizada pola anpa A Riveira, o Colectivo de nais e pais de alumnos de Laxe e a federación de anpas da Costa da Morte.Unha lei que, polas súas características, permitirá que só estude o alumnado de familias con alto poder adquisitivo, sigue sumando elementos que engaden polémica á xa existente polos perniciosos efectos da imposición das reválidas ou a eliminación do ensino en galego.
Sempre aproveitan as notas para lembrar que, neste proxecto de lei, a materia de Relixión volverá ser computable e terá o mesmo tratamento que Matemáticas, contará para a nota media, para a obtención de becas e a efectos de repetición de curso. A LOMCE vaise implantar con fondos europeos, ou sexa, conseguir entre un 50% e un 60% dos custos directos desta lei reaccionaria, sacándoos doutras partidas necesarias para a sociedade. Unha lei para uns poucos e pagada por todos.
Así que os pais e nais que queiran máis información, teñen unha cita en Cabana.
Novas relacionadas
- Música e versos para berrar #NonáLOMCE.
- A comunidade educativa de Fisterra repasou a importancia das ANPAS.
- As Anpas seguen informando das consecuencias da LOMCE en Vimianzo e Fisterra.
- A histórica folga do ensino ao completo chega aos CEIP e roza o 90% de seguemento.
- A comunidade educativa para ao completo contra a LOMCE.
- Novas citas contra a LOMCE en Cee e Vimianzo.
- Peche costeiro contra a reforma e os recortes en educación.
- Bergantiños sae á rúa.
- A Costa da Morte tamén loita contra o copago nos comedores escolares.
- Os pais e nais da Costa da Morte envían unha carta de preocupación ao Conselleiro ante os orzamentos de educación.
- A ANPA do Agra Raíces pide unión da comunidade educativos nos peores momentos do ensino público.
- A bitácora da semana (CCI): A Federación de Anpas da Costa da Morte.
- A Fedanpa convoca unha concentración polo Ensino Público na capital de Bergantiños.
- As ANPAs propoñen un referendum pola reutilización e gratuidade dos libros.
- As Anpas da Costa da Morte propón un programa de reutilización de libros de texto.
- A Federacións de ANPAs da Costa da Morte estréase cunha dura crítica á LOMCE.
- 17-10-12: A mocidade da Costa da Morte tamén se rebela por un ensino público.
- 10-05-12: A folga do ensino déixase notar nos centros da Costa da Morte.
Fonte
- Información, fotos e vídeo da FEDANPA Costa da Morte.