Martes. 23.04.2024
El tiempo

Feijoo visita Cabana para comprobar as obras de rehabilitación que convertirán Casas dos Mestres en vivendas de aluguer

Feijoo visitando as Casas dos Mestres en Cabana
Feijoo visitando as Casas dos Mestres en Cabana
Feijoo visita Cabana para comprobar as obras de rehabilitación que convertirán Casas dos Mestres en vivendas de aluguer

Esta mañá visitaba o presidente da Xunta Aberto Núñez Feijoo o Concello de Cabana. Facíao para presentar as axudas para a adquisición dunha vivenda que ofrece a administración autonómica neste exercicio, asegurando que beneficiarán a máis de 6.000 familias.

Escolleu Cabana, ademais de por ser un bastión do PP na comarca bergantiñá, polas obras de rehabilitación que se están desenvolvendo nas antigas casas dos mestres. Vivendas que se adxudicarán en réxime de aluguer con condicións vantaxosas a unidades de convivencia que non superen o IPREM para garantir que as axudas públicas redunden en quen máis as necesita, e sendo o concello o que determine os adxudicatarios.

A visita tamén serviu para darlle uso á nova senda peonil da AC-429 entre Neaño e Cabana, que permite unha boa accesibilidade para os veciñ@s da contorna.

Senda Peonil en Cabana

Novas relacionadas

Comentarios