Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Falsa alarma para os 10 concellos costeiros que aplican a Plusvalía Municipal

Falsa alarma para os 10 concellos costeiros que aplican a Plusvalía Municipal
Plusvalia Municipal

A semana pasada o noso avogado e columnista Diego Dourado, escribía sobre a batalla contra as plusvalías municipais, o Imposto do Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana. Un tema que onte pasou a primeira plana trala decisión do Tribunal Constitucional de tumbar este imposto no caso de no proceso de venda haia unha diminución do valor do solo.

O caso é que a prensa estatal vén asegurando que a sentenza é aplicable en todo o estado cando non hai beneficio nunha venda, cando, como nos confirma o Xefe do Servizo de Xestión e Inspección Tributaria do Concello carballés, Carlos Collazo, “a sentenza só afecta ao territorio foral de Guipuzkoa”, e “só se ten en conta cando hai perda no valor do solo, non na venda da vivenda en global”.

Collazo vai máis alá e non cre que a sentenza se poida extender ao resto do estado: "a sentenza deixa aberta aberta a porta a que, nunha eventual cuestión de inconstitucionalidade sobre o Imposto no resto do Estado teña unha resposta ben diferente por parte do TC, por canto achaca á normativa vixente no territorio foral varias omisiones que destaca non existen na normativa vixente no territorio común do Estado".

Así, cando mesmo a FEGAMP xa se ten manifestado pedindo unha resolución ao goberno central, sen saber o alcance da sentenza, estase creando unha alarma innecesaria, semellante á do “Catastrazo”, da que falaremos nun futuro analizando malos costumes xornalísticos.

En todo caso, Diego Dourado considera que "existen numerosas cuestións de inconstitucionalidade propostas de varias zonas xeográficas españolas que serán resoltas e por tanto deben inclinar cara un cambio na normativa estatal (Ley de Facendas Locais) e por tanto nas ordenanzas municipais". Entende tamén, como avogado, que "unha persoa non pode depender da boa vontade dun Concello de que me aplique ou non unha plusvalía, polo que penso que debe esixirse o cambio de normativa".
Dourado vai máis alá e considera que "sabendo que o imposto se aplica sobre o valor catastral, tamén este feito resulta perxudicial para o contribuinte, pois o valor do chan poucas veces ten que ver co valor do mercado ou como mínimo non é proporcional". Ademais entende que "os concellos deberían promover unha solución extraxudicial para os afectados".

Concellos costeiros co IIVTNU

Unha situación que pon en alerta a moitos concellos da zona, pois son varios os que teñen as taxas máis altas de Galicia. Dos 115 concellos que aplican esta taxe (dos 313 do total dos concellos galegos), son:

ConcelloPlusvalía (%)
Cabana 26%
Carballo 22-28%
Carnota 26%
Cee 22%
Corcubión26%
Coristanco 30%
Laxe 26%
Muros 25%
Ponteceso 20-30%
Zas 17%

En todo caso, nalgúns casos a cousa xa se estaba cobrando este imposto cos criterios que define a sentenza, é dicir, sendo non aplicable cando hai unha perda do valor real do solo. ”En Carballo xa estabamos declarando que non había plusvalía cando había perda na venda, pero perda na venda do valor do solo, que é o importante, non na venda da vivenda en global”, explícanos Collazo. Explica que “o solo non soe perder valor, a día de hoxe o solo é un ben escaso e moi valioso, sobre todo o solo urbanizable consolidado”, pero si que hai casos nos que pode peredr valor como por exemplo no caso de que lle constrúan un vertedoiro de residuos xusto diante, ou unha prisión.

A realidade é que quen alega que non hai ganancia ca venda sobre o valor do solo, ten que demostralo, e sabendo que é unha casuística moi complexa, con moitos factores a analizar, indica que en Carballo xa houbo varias solicitudes destes casos, e unhas foron aceptadas e non gravadas, e outras pola contra si.

Decisión municipal

Como nos explican os nosos especialistas Diego Dourado e Domingo Guerra, a decisión de cobrar ou non este imposto decidiuse a nivel de cada concello, dentro das porcentaxes que marca a Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas locais. O pleno da corporación debe aprobar, por maioría, unha ordenanza fiscal, o instrumento técnico que regula os impostos.

Nese sentido, “a diferenza dos impostos obrigatorios (IBI, Vehículos,...), que se caracterizan porque deben ser esixidos se queira ou non, os potestativos, como di o nome, están suxeitos a decisión de cada corporación municipal. Aquí entran en xogo intereses políticos (os impostos teñen un custe) e económicos (como non cobres tributos non podes gastar)”.

En todo caso, parece os concellos con maior cantidade de terreos rurais son os que non decidiron activar o tributo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios