Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PSOE volve denunciar a discriminación da Xunta cos concellos socialistas na execución de sendas peonís

Cabana de Bergantiños. A Coruña
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisará o remate das obras da senda entre Neaño e A Carballa. Haberá declaracións aos medios. Punto de encontro: no Pq. 2+880 da estrada AC-429, na contorna da caseta de información turística.
05/02/2019
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
Imaxe da inauguración da senda peonil de Cabana, concello con goberno popular
O PSOE volve denunciar a discriminación da Xunta cos concellos socialistas na execución de sendas peonís
O PSOE volve denunciar a discriminación da Xunta cos concellos socialistas na creació de sendas peonís

Segue a Xunta anunciando a construción de novas sendas peonís e ciclistas na comarca de Bergantiños (que non nas de Soneira e Fisterra). A última entre Carballo e Coristanco. Xa denunciara o PSOE, con cifras, a clara discriminación da Xunta nos investimentos en sendas peonís aos concellos non populares, e volve facelo en relación a execución das obras proxectadas.

A parlamentaria socialista Loli Toja presentou unha pregunta oral polo incumprimento dos compromisos en Laxe (con goberno socialisrta aata e Ponteceso mentres “cumpren escrupulosamente cos compromisos” en concellos como os de Malpica, Cabana e Laracha.

A parlamentaria da Costa da Morte apuntou que entre 2016 e 2018 o Executivo autonómico investiu 2,2 millóns en A Laracha, 563.000 euros en Cabana, 534.339 na senda Xornes – Buño – Canta La Rana –Malpica-, e 1,2 millóns en Carballo. Sen embargo, o concello de Laxe leva agardando dende 2015 pola execución das sendas peonís Castrelo – Arrueiro, Conlle e Cabo de Area, pero o goberno galego non investiu un só euro.

No caso de Ponteceso sinalou a necesidade urxente de investimentos nas sendas de Tella, O Couto, Pazos de Arriba, Corme Aldea, A Bugalleira – Pazos, e Xornes. Advertiu que “en tódolos casos trátase de promover a mobilidade das parroquias veciñas, porque son núcleos rurais illados, e de dotar de seguridade viaria ás estradas que transcorren por elas”, e evidencia o “abandono” á veciñanza destes concellos.

Novas relacionadas

Comentarios