sábado. 15.02.2025
El tiempo

O Fútbol da Costa únese na loita contra o cancro

Cabana e Lira contra o cancro nas Redondas
Cabana e Lira contra o cancro nas Redondas
O Fútbol da Costa únese na loita contra o cancro

Xa debullamos como foi a xornada no Fútbol da Costa masculino, e xa vimos que houbo moitos equipos que luciron brazaletes verdes. Unha acción conxunta realizada en colaboración coa Xunta Local contra o cancro de Cabana de Bergantiños, que propuxo este xesto solidario aos equipos de fútbol da Costa con motivo do Día Mundial contra o Cancro, que se celebra precisamente hoxe 4 de febreiro.

Clubs como Cabana S. D., Ponteceso S. D., C. D. Baio, S. D. Laxe, Sporting Zas, U. D. Monte Louro, Muxia, C. F. B, Lira, C. F., I. D. Cerqueda, C. F. Cances, C. D. Razo, en categorías sénior e Veteranos, vestiron brazaletes verdes e uniron forzas para concienciar na prevención.

A Xunta Local contra o cancro de Cabana de Bergantiños quere “agradecerlles a súa solidariedade e axuda lúcindo os brazaletes da esperanza, dando visibilidade asi á nosa mensaxe, para que quen padeza a enfermidade saiba que pide contar connosco, e que seguimos traballando para apoiar a investigación. Grazas tamén ao Concello de Cabana. Grazas por estar. #TodosContraElCancer.”

Directiva do Cabana coa ACC cancro
Directiva do Cabana coa AELC cancro
Partido de Veteranos de Cabana e Cances contra o cancro
Partido de Veteranos de Cabana e Cances 
Veteranos do Razo e o Ponteceso contra o cancro
Veteranos do Razo e o Ponteceso 
Laxe e Muxia B contra o cancro
Laxe e Muxia B contra o cancro
Capis do Louro e Baio co colexiado Adrian Rellan
Capis do Monte Louro e Baio cos brazaletes verdes

   

11 do SD Oza contra o Cancro
11 do SD Oza contra o Cancro
Soneira e Xallas xuntos contra o cancro
Soneira e Xallas xuntos contra o cancro

 

Comentarios