Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional

Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional
calendario-integro-2017 Íntegro presenta este sábado en Carballo o seu calendario benéfico para o 2017 Con motivo do día internacional da Diversidade Funcional, que se conmemora o próximo sábado día 3, a asociación Íntegro está a organizar unha serie de actividades co fin de reivindicar a igualdade de oportunidades e dereitos das persoas con diversidade e darlles maior presencia e protagonismo na sociedade xa que tal e como sinala o presidente da entidade - Adolfo López Baña -“a inclusión é unha cuestión de capacidades, non de discapacidades”. Os actos comezarán mañá venres cunha xornada de portas abertas na sede de Íntegro, dirixida ao persoal técnico dos departamentos de servizos sociais dos diferentes concellos da Costa da Morte así como aos orientadores e orientadoras laborais pertencentes á área de influencia da entidade. Tamén están convidados a participar os integrantes do equipo de inclusión social para as comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, cuxa sede está situada no situada no punto de información Xuvenil Casa da Xuventude de Carballo. O programa de actividades iniciarase ás 12 horas cunha breve exposición sobre o funcionamento do centro de día e do dentro ocupacional para explicar aos asistentes os diferentes programas e servizos que se levan a cabo ao longo do ano. A continuación celebrarase unha charla-coloquio para intercambiar impresións e abrir novas vías de colaboración entre as diferentes administracións e a nosa entidade co fin de poñer en marcha futuros programas de cooperación que potencien a participación social das persoas con diversidade funcional, tanto no eido formativo como na súa inserción no mercado laboral. De seguido realizarase un percorrido polas instalacións do centro situado na parroquia cabanesa de Nantón para amosar os diferentes traballos que se realizan diariamente tanto nos obradoiros ocupacionais como no centro de día - xardinería, artes manuais, Bicos de Amora, etc... -. A xornada rematará cunha degustación de petiscos elaborados, integramente, polos nosos usuarios e usuarias. Precisamente esta semana, escolares de Camariñas e de Ponte do Porto visitaron tamén as instalacións de Íntrego no marco do programa Visítanos!. Presentación do calendario 2017 O sábado o escenario será o Fórum Carballo para presentar o calendario benéfico de Íntegro para o 2017. No acto tamén estará o alcalde de Carballo - Evencio Ferrero - e comezará ás 12 horas, estarán tamén presentes algúns dos 14 personaxes famosos e os 11 fotógrafos e fotógrafas, na súa maioría da Costa da Morte, que se uniron aos usuarios e usuarias para facer realidade a creación deste proxecto co que a entidade pretende recadar fondos para financiar o servizo de ximnasia terapéutica do centro,imprescindible para que as persoas con diversidade funcional gocen dunha vida saudable e de calidade. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios