Venres. 26.04.2024
El tiempo

Íntegro “coida a quen te coida” con xornadas formativas do PIMDRural

Coida a quen te coida con Integro
Íntegro “coida a quen te coida” con xornadas formativas do PIMDRural

O Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade do Rural (PIMDRural) pon en marcha novas accións formativas para mulleres en situación de especial vulnerabilidade da Costa da Morte.

Son 45 mulleres (outro ano máis dende 2016), as que se melloran a súa formación e a súa empregabilidade a través dun servizo de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención psicolóxica, ou con cursos e xornadas de formación gratuita como as que están a realizar: Coidando a quen te coida” e “Xestión da ansiedade e autocoidado emocional”.

O Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade do Rural, promovido por Íntegro e co-financiado polo Fondo Social Europeo Plus(FSE) ao abeiro do programa operativo FSE+Galicia 2021-2027.
Ademais dun plan de formación continuada, desde este servizo de apoio ofrécese asesoramento, orientación laboral, acompañamento e atención psicolóxica a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

PIMD Rural formando emprego diversidade

Comentarios