Íntegro convertiu o cole de Laxe noutra Diversiescola


Que importante é achegar á diversidade a toda a sociedade. E máis aos centros de ensino, nos que alumnos aínda en proceso de aprendizaxe global, poden adaptarse a novas realidades. Precisamente por aí van os tiros do proxecto “Diversiescola” da Asociación cabanesa Íntegro, que tras pasar polos centros educativos de Buño e de Muxía, onte fixeron o propio co CPI Cabo da Area de Laxe.
Así, os alumnos laxenses conviviron en primeira con persoas con diversidade funcional, e aprenderon a respectar e a naturalizar a diferencia.
Ata alí foron parte do equipo técnico da Asociación Íntegro, formado por María Paz (educadora social), Anahí Villar (monitora) e Eduardo Arades (usuario do centro ocupacional) para facer unha intervención co alumnado de 1º e 2º da ESO.
Como ven sendo habitual, a intervención fíxose en dúas partes, empezouse cunha charla la que se informou sobre a misión, visión e valores da Asociación INTEGRO e na que se falou de terminoloxía non discriminatoria, dereitos, voluntariado e da convención da ONU sobre as persoas con diversidade funcional, entre outros temas.
Na segunda actividade o alumnado puido practicar os seguintes deportes: baloncesto en cadeira de rodas, ciclismo en hand-bike e goalball así como facer uns circuítos privados de visión ou utilizando unha cadeira de rodas.
Así de xeito lúdico introduciuse ao grupo na práctica do deporte adaptado como medio para a inclusión de todas as persoas. Cerrouse a intervención cun momento de reflexión sobre as actividades que, se ben foron practicadas nun contexto lúdico, reflicten as dificultades que a cotío se encontran as persoas con diversidade funcional, ás cales manteñen unha loita constante para defender os seus dereitos, reclamar a accesibilidade universal e poder acceder a todos recursos que como cidadáns dunha comunidade están á súa disposición.
Novas relacionadas
- Cabana acolleu a final da copa galega de baloncesto en cadeira de rodas.
- Íntegro convirte o CEIP de Buño nunha Diversiescola.
- A Diversidade achegouse á escola de Muxía.
- Íntegro focaliza a súa acción na Igualdade de Xénero.
- “A completa cidadanía das persoas con diversidade funcional pasar pola normalización familiar, educativa e laboral”.
- Unha tarde en Camariñas cos artesáns e regatistas de Íntegro.
- Íntegro animou aos alumnos de Baio a sacarse o Pasaporte Solidario.
Novas relacionads
Fonte
- Información e fotos achegadas por Íntegro.