xoves. 01.05.2025
El tiempo

Íntegro e Adisbismur concéntranse por unha Sociedade #SenBarreiras4D

Íntegro e Adisbismur concéntranse por unha Sociedade #SenBarreiras4D
Concentracion de INtegro no CEIP POnteceso pola AccesibilidadeXa-SenBarreiras4D Concentración de Íntegro no CEIP Ponteceso pola #AccesibilidadeXa na campaña #SenBarreiras4D Concentracion en Noia AccesibilidadeXa Concentracion en Noia pola #AccesibilidadeXa coa presencia da xente de Adisbismur de Muros Este martes 7 de novembro estivo cargado de reivindicación na nosa comarca. Unha xornada cargada de emoción na que se celebraron dúas concentracións a prol da accesibilidade universal. Por un lado a Asociación Íntegro e o CEIP Eduardo Pondal celebraron unha concentración nas inmediacións do centro educativo de Ponteceso. Ademais, ata Noia desprazáronse os membros de ADISBISMUR de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros para facer o propio, alzando unha voz que ten que ser escoitada. Son concentracións promovidas pola Confederación Española de Personas con Dispacidad Física y Orgánica (COCEMFE), que forman parte da campaña de concienciación social #SenBarreiras4D, baixo o lema “#AccesibilidadYA: Pola accesibilidade de produtos, entornas, bens e servizos”.Unha campaña que pretende poñer de manifesto os problemas de acceso e as consecuencias que sofren as persoas con diversidade funcional e esixir ás administracións públicas e ás empresas privadas o cumprimento da Ley General de Derechos de Personas con Discapacidad y de su Inclusión Social. Esta Lei establece como data límite de aplicación o vindeiro 4 de decembro para que todos os produtos, bens, entornas e servizos sexan accesibles.. As 35 concentracións repetíronse por toda Galicia apoiada polas entidades da rede COGAMI, con máis de 2.500 persoas nas rúas. En Ponteceso participaron unhas 250 persoas pertencentes á comunidade escolar e ao centro de Nantón. Durante a lectura do manifesto, o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, apelou ao compromiso institucional e á concienciación social de todos os cidadáns destacando que “unha sociedade baseada na accesibilidade e o deseño para todas as persoas facilitaríanos a participación e a normalización en todo o que realiza o resto da poboación”. Deste xeito, destacou á importancia de garantir a igualdade de oportunidades e dereitos de todos/as. Neste punto tamén coincidiron os alumnos e alumnas do CEIP Eduardo Pondal que subliñaron no seu discurso que “un mundo accesible é un mundo cómodo, moderno e integrador” ao alcance do seu colectivo e, polo tanto, “tamén máis amigable para todas as persoas”, matizaron. A continuación, varios membros da asociación conversaron cos estudantes para intercambiar impresións sobre a xornada e moitos deles/as animáronse a contar as súas propias experiencias cando, por mor dunha lesión ou enfermidade, sufriron na súa propia pel a falta de accesibilidade. En Noa, Adisbismur e a Asociacion Misela xuntaron unhas 120 persoas relacionadas todas elas no entorno da discapacidade. Fixeron o recorrido polo centro da vila marcando os puntos sen accesibilidade cun sinal ficticio que marcaba a súa reindivicacion. A concentracion rematou na porta do concello lendo un manifesto elaborado por Cocemfe. Concentracion en Noia AccesibilidadeXa 2 Concentracion en Noia pola #AccesibilidadeXa Misela e Adisbismur en Noia  

MANIFESTO CONCENTRACIÓN COGAMI- COCEMFE #ACCESIBILIDADYA

Lectura do manifesto por parte dos alumnos pontecesáns Adisbismur en Noia Adisbismur en Noia

As organizacións de persoas con discapacidade levamos décadas xuntándonos con todos os gobernos, con todas as comunidades autónomas, os concellos e con outros axentes implicados en temas de accesibilidade para mellorar a nosa calidade de vida e avanzar cara á integración, a normalización, a inclusión... E é verdade que entre todas e todos imos conseguindo unha maior concienciación, un maior compromiso e que os nosos concellos sexan máis accesibles e para todas as persoas.

Pero o avance é insuficiente. A existencia de barreiras en todos os ámbitos é unha realidade que vulnera os nosos dereitos e liberdades e a nosa igualdade de oportunidades. Queda menos dun mes para que cambien todos os produtos, bens, entornas e servizos que aínda non son accesibles. O 4 de decembro acaba o prazo legal pero non se  adoptaron as medidas suficientes para que todo sexa accesible, de acordo a criterios básicos de non discriminación e accesibilidade universal.

Hoxe estamos celebrando un histórico acto de unión e de forza do movemento asociativo das persoas con discapacidade física e orgánica. Pero non só iso, porque hai persoas con e sen discapacidade de todo o país que estamos a participar en 35 concentracións simultáneas para cambiar esta situación, para seguir transformando a nosa sociedade. Unha sociedade na que teñamos as mesmas oportunidades, con independencia das nosas limitacións físicas. Queremos que os dereitos que temos recoñecidos sobre o papel sexan efectivos. De nada serve que figuren en tratados internacionais, no BOE ou en diarios oficiais se á hora da verdade quedan en papel mollado. A ninguén lle beneficia a discriminación das persoas con discapacidade, pero en cambio a súa participación en todos os ámbitos de vida sí que beneficia a toda a sociedade.

Por iso estamos aquí, en Santiago de Compostela, Ponteceso, Noia, Pobra do Caramiñal, A Coruña, O Carballiño, Ourense, Lugo, Monforte, Pontevedra, Mos, e tamén en Almería, Granada, Málaga, Sevilla, Zaragoza, Lugones en Asturias, Santander, Cidade Real, León, Palencia, Soria, Barcelona, Ceuta, Alacante, Castellón, Picassent e Xátiva, Valencia, Bilbao e Cáceres, ademais de Logroño, Madrid, Murcia e Pamplona. Estamos en lugares inaccesibles para que sexa máis evidente ao que nos estamos referindo. Barreiras como estas son ás que nos enfrontamos cada día e isto ten que acabar xa!

E por que ten que acabar. Pois temos razóns de peso:

  • Primeira: Que a accesibilidade é un requirimento previo para moitas persoas con discapacidade á hora de participar en igualdade de condicións e levar a cabo un proxecto de vida baseado na toma de decisións sen inxerencias de terceiras persoas.
  • Segunda razón: que unha sociedade baseada na accesibilidade universal e o deseño para todas as persoas facilitaríanos a participación e normalización en todo aquilo que realiza o resto da poboación, como estudar, xogar, formarnos, traballar, gozar do lecer, das relacións sociais, e un longo etc.
  • Terceira razón: A accesibilidade non só beneficia ás persoas con discapacidade. Un mundo accesible é un mundo para todas as persoas: cómodo, moderno e integrador. Cando unha contorna, produto, ben ou servizo pode ser utilizado polo noso colectivo, tamén son máis amigables para o resto da poboación e a sociedade desfruta máis das zonas que son máis cómodas para todas as persoas.
  • E a cuarta razón: Para garantir os dereitos, as liberdades e a vida independente de todas as persoas, hai que cumprir as leis. A normativa en vigor que regula o exercicio dos dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión en todos os ámbitos da vida ten que cumprirse rigorosamente, como ocorre coa normativa de tráfico e todas as demais. 

Por todas estas razóns dende COCEMFE impulsouse esta campaña en colaboración coas súas organizacións membro, como a nosa. Baixo o lema  “#AccesibilidadYA pola accesibilidade de produtos, entornas, bens e servizos” queremos que todo o mundo saiba que a responsabilidade é compartida: Administracións públicas, empresas, prestadores de servizos, medios de comunicación e a sociedade en xeral teñen, en maior ou menor medida algo que facer ao respecto.

Por iso, facemos un chamamento xeneralizado para que as nosas reivindicacións sexan escoitadas e atendidas por todas as persoas:

As nosas reivindicacións son claras:

  • Principalmente, accesibilidade universal en todos os produtos, entornas, bens e servizos, para que todas as persoas poidan facer uso deles, incluídas as persoas con discapacidade.
  • Tamén o cumprimento da lexislación vixente por parte de todas as persoas físicas e xurídicas que sexan propietarias que ofrezan produtos, entornas, bens e servizos.
  • Fai falta unha lei de infraccións e sancións que garanta a accesibilidade, que verdadeiramente vele pola aplicación efectiva desta norma e termine coa impune vulneración de dereitos das persoas con discapacidade en materia de accesibilidade.
  • Propoñemos a posta en marcha dunha ambiciosa estratexia sobre a accesibilidade no noso país, que contemple unha profunda análise da situación e medidas concretas e eficaces para avanzar cara á un país para todas as persoas e libre de barreiras.
  • E por último, pero de ningunha maneira menos importante: a implicación cidadá ante as infraccións cada vez que se detecte falta de accesibilidade nun produto, entorna, ben ou servizo.

En definitiva, queremos que se garantan os nosos dereitos, liberdades, vida independente e a nosa participación. Accesibilidade Universal para as persoas con discapacidade e sen discapacidade, para todas as persoas.

Queremos Accesibilidade XA

Repetide comigo para que todo o mundo nos escoite:

Accesibilidade XA

Accesibilidade XA

Accesibilidade XA

Moitas gracias.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios