Íntegro mellora as súás instalacións, acolle máis usuarios e precisa un novo vehículo adaptado
Este pasado xoves 24 de febreiro, o Presidente da Comisión de Benestar Social, Xoán Manuel Sande Muñiz, estivo de visita nas instalacións da Asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños, entidade que é membro directo de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). Entidade que vén ademais de ser premiada pola FECOM na última Xuntanza Empresarial polo esforzo en prol da igualdade de oportunidades.
A visita serviu para dar a coñecer as melloras realizadas nas instalacións, que permitiron que incremetase o número de usuarios/as. De aí que dende a Asociación lle achegasen a Sande a necesidade dun vehículo de transporte adaptado.
Durante esta visita, Sande Muñiz estivo acompañado polo Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, o Presidente da Federación COGAMI-Coruña, Ramón Sestayo, o Presidente de Íntegro, Adolfo López e mais o Tesoureiro de Íntegro, Silvestre Couto.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Deputación.