Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios
07:05 17/12/16
O vindeiro venres, día 23, a asociación Íntegro abrirá as súas portas ao público nunha xornada de portas abertas na que organizarán un mercado solidario con produtos artesanais elaborados polos usuarios e usuarias do centro ocupacional de Nantón no que non faltarán os tradicionais xabóns de glicerina 100% vexetal da colección Bicos de Amora así como varios artigos doados por outras entidades sociais e particulares que decidiron colaborar na recadación de fondos benéficos para o financiamento de novos programas e servizos para persoas con diversidade funcional da Costa da Morte.
De 10 a 14 horas, o centro converterase nun gran escaparate de Nadal onde os visitantes poderán coñecer e mercar algunhas das últimas creacións artísticas confeccionadas en escaiola e pintadas e personalizadas polos alumnos/as do obradoiro de artes manuais. Tamén haberá pezas de bixutería con deseños únicos e moi orixinais que non pasarán desapercibidos.
Todas as persoas que se acheguen a visitar o mercado de Nadal poderán aproveitar a súa estancia en Nantón para coñecer de preto as nosas instalacións e gozar da decoración típica destas datas realizada polos usuarios e usuarias de Íntegro.
Novas relacionadas
- Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional
- Íntegro abre unha nova edición de Visítanos! cos escolares de Camariñas e Ponte do Porto
- Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Íntegro