Íntegro rematou cos seus cursos en Malpica


Clausurábanse onte os cursos de artesanía en coiro e pequenos arranxos domésticos que artellou a Asociación Íntegro en Malpica, e nos que participaron unha vintena de persoas con diversidade funcional.
O obradoiro de coiro foi impartido por Noelia Barreira ao longo dun mes. Os participantes, 12 en Malpica e 8 en Buño, aprenderon distintas técnicas para traballar o coiro, o que lles permitirá desenvolver a súa creatividade a habilidades manuais e psicomotoras. De feito, no acto de onte algún xa se gababan das pulseiras ou os monedeiros que elaboraron durnate o curso, impartido pola asociación Íntegro e subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.
O taller de pequenos arranxos domésticos foi impartido por Miguel Álvarez Rodríguez, que ensinou aos seus alumnos a facer de forma sinxela pequenas reparacións de fontanería ou albanelería nas súas casas. O obradoiro desenvolveuse nas escolas vellas da Raxeira, en Leiloio, tivo 16 horas de formación e participaron 9 persoas.
Íntegro estará tamén en Cambre
Este venres, os/as usuarios/as de ÍNTEGRO desprazaranse ata a Escola de Tenis Marineda en Cambre para participar nas Actividades organizadas por COGAMI con motivo do Open de Tenis.
Será unha xornada de lecer e deportiva, xa que ademais de ver os partidos de tenis adaptado e recibir unha charla sobre este deporte; participaran nunha xornada multideportiva onde se acercarán a deportes como o fútbol, baloncesto, tenis, boccia e slalom.
Novas relacionads
- Íntegro convirte o CEIP de Buño nunha Diversiescola.
- A Diversidade achegouse á escola de Muxía.
- Íntegro arrincou dous cursos de artesanía en coiro en Malpica.
- Íntegro focaliza a súa acción na Igualdade de Xénero.
- “A completa cidadanía das persoas con diversidade funcional pasar pola normalización familiar, educativa e laboral”.
- Unha tarde en Camariñas cos artesáns e regatistas de Íntegro.
- Íntegro animou aos alumnos de Baio a sacarse o Pasaporte Solidario.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).