Venres. 19.04.2024
El tiempo

Licitada unha nova depuradora para Neaño

Licitada unha nova depuradora para Neaño

O Concello de Cabana de Bergantiños vén de abrir a licitación das obras para a construción dunha estación depuradora de augas residuais no lugar de O Balado.

Os traballos suporán un investimento de 80.000 euros, que serán financiados íntegramente pola Deputación da Coruña a través do Plan Único (POS+) e contribuirán á eliminación definitiva dun punto de verquido detectado no lugar, nunha zona pouco accesible e rodeada de vexetación, que desemboca nun pequeno regato.

Comentarios