Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A meteoroloxía protagoniza a 3ª edición das Aulas Científicas de Dombate

Aulas da Ciencia en Dombate
A meteoroloxía protagoniza a 3ª edición das Aulas Científicas de Dombate

A partir do vindeiro 10 de setembro xa estarán dispoñibles na web da Deputación, pero este pasado venres arrincou a terceira edición das xornadas científicas no Dolmen de Dombate. Unhas aulas, coordinadas por Jorge Mira, que tiveron como protagonistas investigadores e divulgadores como Susana Bayo Besteiro, Juan Taboada Hidalgo, Mabel Montes Rama e Xavier Fonseca Blanco achegando explicacións sobre os fenómenos meteorolóxicos en Galicia.

Mabel Montes Rama, presentadora do informativo meteorolóxico na Televisión de Galicia, explicou como é ‘Contar o tempo pola tele’ a través dunha sesión na que achegou o proceso de divulgación que se realiza desde un gran medio de comunicación autonómico.

Pola súa banda, Juan Taboada Hidalgo, coordinador de MeteoGalicia, afondou nas particularidades climáticas da nosa comunidade con ‘De onde vén a riqueza meteorolóxica de Galicia? Explicación dos numerosos microclimas galegos’. Tanto Mabel Montes como Juan Taboada participaron posteriormente nunha mesa redonda co físico e catedrático da USC Jorge Mira onde debateron ‘Como será a información meteorolóxica do futuro?’.

Segunda parte de ‘Meteoroloxía e clima’

O sábado 4 de setembro, a gravación comezará a partir das 19:30 no museo do Dolmen de Dombate. Será a quenda de Susana Bayo Besteiro, investigadora no EPhysLab da Universidade de Vigo e directora e presentadora de El Tiempo en Telemiño e o xornal La Región, coa sesión ‘A pelexa da ciencia contra o cambio climático’. Xavier Fonseca Blanco, xornalista científico de La Voz de Galicia, aportará respostas na súa intervención: ‘Está o tempo tolo? Non, a culpa é do Jet Stream’.

Susana Bayo, Xavier Fonseca e Jorge Mira pecharán esta terceira edición da Luz da Ciencia desde o Dolmen de Dombate cunha mesa redonda onde analizarán ‘O cambio climático que nos vén enriba’.

Novas relacionadas

Comentarios