Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cabana

As aulas de luz e ciencia de Dombate, xa na rede

As xornadas ‘A Luz da Ciencia dende o Dolmen de Dombate’ xa están dispoñíbeis na rede con acceso libre. Os contidos xa están dispoñíbeis nas páxinas web e nas redes sociais da Deputación da Coruña (e a súa canle de Youtube) e do Concello de Cabana.

Unhas conversas nas que o catedrático baiés Jorge Mira e os investigadores Borja Tosar, César González García e Fernando Rey Daluz, achegan ó público conceptos relacionados coa astronomía e as estrelas no ceo de Galicia.

Entre os contidos dispoñibles atópase o acto de presentación das xornadas; ‘Cousas e movemento do Ceo’, con Borja Tosar; ‘Como definiu a astronomía a orientación dos monumentos antigos?’, con César González García; ‘Busca dos puntos de último solpor da Europa Continental’, con Jorge Mira; ‘O camiño do sol a través da paisaxe’, por Fernando Rey Daluz; e a mesa redonda ‘Posibilidades de desenvolvemento vinculadas á observación astronómica na Costa da Morte’, con Santiago Garrido Rial, José Muíño, Xose Luis Penas, Jorge Mira e Fernando Rey Daluz.

As xornadas científicas regresarán a Cabana de Bergantiños no mes de xuño coa súa segunda edición, cuxa temática aínda está pendente de confirmar. O obxectivo é dinamizar a ciencia e a cultura no entorno dun dos centros arqueolóxicos máis importantes de Galicia.

As ponencias

A mesa redonda

 

Novas relacionadas

As aulas de luz e ciencia de Dombate, xa na rede