As mulleres de Cabana fanse ver por 25N

Diversas agrupacións locais e varias persoeiras do eido cultural como persoeiros culturais sumaron as súas voces para reivindicar a loita contra a violencia machista, unha das principais lastras da nosa sociedade.
A xornada deu comezo co espectáculo de danza ‘Miña Xoia’, por conta de Clara Ferrao. A continuación, Silvia Losada deu a benvida protocolaria a todos os participantes e o grupo cabanés Son de Cabana, levou a cabo unha interpretación musical coa que fixeron unha lembranza a todas aquelas devanceiras que deixaron pegada nas súas vidas.
A continuación, a poeta cabanesa Matilde Vilariño recitou a súa composición titulada ‘No día da muller’, e acto seguido a o alumnado da escola municipal de teatro levou a cabo a interpretación dunha obra reivindicativa a prol da igualdade.
As intervencións orais e musicais de Icía do Manso e Irma Macías, xunto coa interpretación poética de Rosalía Fernández Rial puxéronlle o broche a unha xornada que se despediu coa actuación musical de membros da Asociación Íntegro.

Máis novas do 25N