Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha nova fin de semana cargada de música, obradoiros e teatro en Dombate

Irma Macias cantara en Dombate
Irma Macias cantará este domingo en Dombate
Unha nova fin de semana cargada de música, obradoiros e teatro en Dombate

Non para o Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate este verán. Tras ratificar as súas boas cifras de visitantes, seguimos repasando o seu completo programa cultural.

Non falamos das visitas nocturnas para ver o ceo de Bergantiños porque as 100 prazas ofertadas nas 3 xa están cubertas e mesmo a xente se está engadindo a unha listaxe de espera.

Pero esta fin de semana hai dous completos días.

O sábado 15 de agosto comeza pola mañá cos obradoiros de Prehistoria con Galipat Servizos Culturais. Haberá dúas sesións de mañá:
• Ás 11:00 "As cores de Dombate. Obradoiro de pintura rupestre”.
• Ás 12:30 "As ondas sonoras. Obradoiro de instrumentos musicais" (estas sesións de mañá irán dirixidas a veciños e visitantes).

O sábado e o domingo, ás 18:00 e 19:30, volven as visitas teatralizadas cos Quinquilláns, coa obra ‘No tempo das pedras’, ao carón dos piñeiros e carballos do Centro.

Ademais, este domingo volve haber música. Ás 12:00 horas escoitaremos a voz do grupo Luar na Lubre, Irma Macías. A vimiancesa  ten raíces e familia na parroquia de Borneiro, e chega xunto ao guitarrista Xaquín Rama traerán un espectáculo de música tradicional para todos os públicos. Non é preciso inscribirse pero…

Ao mesmo tempo que se leva a cabo o Mediodía musical, estarán activos de novo os obradoiros de Prehistoria, estes sobre “Cerámica neolítica” e “As gravuras da Fornella”.

Novas relacionadas

Comentarios