Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo

Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo
Oscar de Souto e Manuel de Corme estrean programa en Radio Roncudo

Xa ten historia a programación literaria de Radio Roncudo e radiONeria. Polo norte lembran a Escrita de Paco Souto mentres polo Sur aínda escoitan ecos das Realidade e Soños de Manolín.

Xa hai quen colleu o legado de tanta arte nas ondas irmandadas da Costa da Morte, e non é outro que o escritor e poeta bergantiñán Óscar de Souto e o poeta cormelán Manuel de Corme, que veñen ademais de presentar un libro xuntos. Xa se puxeron tras dos micros no Ronsel, programa que dirixe Óscar Rey Calo os xoves ás 16:00h, pero ademais xa tiveron tempo para estrear “O noso xeito”.

É un novo programa de Radio Roncudo e Radio Neria de contidos literarios, entrevistas e información cultural en sesenta minutos semanais. Emitirase os venres ás dez da noite e os sábados ás nove da mañá.

De feito, xa podedes escoitar a estrea, este venres 12 de setembro:


Máis información

Novas relacionadas

Comentarios