Luns. 29.04.2024
El tiempo

A emisora municipal de Corcubión volve as ondas tras un tempo en silencio

A emisora municipal de Corcubión volve as ondas tras un tempo en silencio
Fran-Lago-e-Oscar-Rey-conducen-O-Ronsel-en-radiONeria-e-Radio-Roncudo

Xa o anunciabamos a semana pasada: a radiONeria volve emitir. A emisora municipal de Corcubión tivo uns meses de silencio pero o seu equipode colaboradores xa están de novo nos estudios día si e día tamén para poñer en marcha este "auténtico viveiro de profesionais", como a cataloga o propio Concello.

I é que hoxe, o Concello trata de explicar o paréntese sen emitir, que explica por "unha importante avaría que inutilizou os equipos de transmisión". Agora ben, tras un longo proceso de reparación, "a emisora municipal corcubionesa Radio Neria volve ao ar na súa habitual frecuencia do 107.8 do dial, dando cobertura aos concellos de Corcubión, Cee e Carnota, ademais de emitir na rede no www.radioneria.blogspot.com".

Apunta o Concello que "malia non ser un servizo público esencial e a necesidade dun importante investimento para botala a andar novamente, o actual equipo de goberno de Corcubión segue apostando por unha radio pública realmente independente, baseada nun modelo de colaboradores que realizan un traballo totalmente voluntario, altruista e con total liberdade, sen ningún tipo de condicionamento político ou ideolóxicos por parte do Concello". Dio o equipo de goberno tras innumerables peticións por parte do grupo de colaboradores, que consideran que o tempo de silencio puido ser moito máis curto.

En todo caso, a emisora, volve funcionar irmandada e compartindo contidos coa veciña Radio Roncudo de Corme. E ambas buscan novos locutores. Por iso dende o goberno municipal de Corcubión e dende o grupo de colaboradores de ambas emisoras animan ás persoas interesadas en colaborar con Radio Neria a que chamen ao teléfono do Concello 981745400 e manifeste o seu interese.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión.

Comentarios