Luns. 18.11.2019
El tiempo

O ouro de Corcoesto non brilla tanto

O ouro de Corcoesto non brilla tanto

Xa hai máquinas nos montes de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños. As catas de exploración para saber a calidade do mineral, a calidade do ouro. I é que efectivamente, parece ser que nas nosas terras tamén hai ouro, e a empresa mineira canadense Río Narcea Gold Mines-Edgewater está a proxectar unha explotación mineira de ouro ao descuberto. A empresa americana ten unha concesión de explotación de 90 anos

A situación non é tan sinxela. A explotación, que, se fose circular ocuparía un círculo de máis de tres quilómetros de diámetro (773,6 hectáreas), está prantexada sobre a zona protexida Natura 2000 do LIC do río Anllóns e abrangue aos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso. O caso é que polo de pronto non existe ningunha clase de informe de avaliación medioambiental malia que a lei o esixe.

A entidade ecoloxista Verdegaia ten denunciado estes feitos, e mesmo o Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería MATI, deixou claro nunha resposta a necesidade de facer un completo informe sobre o impacto medio ambiental. Verdegaia insiste ademais que o "interese público" é nulo; e no caso de non facerse o informe, "os posibles accidentes futuros poderían considerarse neglixencia das administracións".

A clave é que o proceso de extracción é moi agresivo co terreo.

Proceso de extracción

Neste tipo de explotacións mineiras é necesario extraer unha tonelada de menas de baixa calidade –sen contar cos estériles de mina que hai que desprazar-- para producir dous gramos de ouro, o que xera unha enorme cantidade de residuos mineiros nas zonas de extracción. A empresa recoñece un total de 20 millóns de metros cúbicos de residuos.

Para a extracción do ouro tritúrase o mineral, e tras pasar por unha serie de procesos, régase cunha solución de cianuro sódico, que fará que por lixivación extraia o ouro do mineral. O proceso fai que o consumo de auga sexa enorme, e deixa tras de si gran cantidade de refugallos.

Por se estes problemas foran poucos, os proxectos mineiros de gran escala utilizan varios millóns de quilogramos de cianuro de sodio ao ano. Un fallo no seu transporte e almacenamento pode ter consecuencias tráxicas, xa que o cianuro é unha sustancia química altamente tóxica clasificada como un dos principais contaminantes, e pode ter un impacto catastrófico e irreversible no ambiente e na saúde humana, e, polo tanto, na diversidade biolóxica.

Esixencias

Tendo en conta as condicións da explotación, dende Verdegaia consideran vital a necesidade de someter este proxecto ao estudo de impacto ambiental é incuestionable. Así, esixen que se inclúa no capítulo de avaliación da viabilidade económica do proxecto os custes de:

  • Seguro de responsabilidade civil para facer fronte aos posibles danos derivados da explotación.
  • Seguro de caución que permita afrontar os gastos derivados dos problemas que se puidesen detectar tras o peche da mina, ou despois dun peche imprevisto da mesma -por exemplo, en caso de creba-; garantindo así que eses gastos non van recaer enriba dos contribuíntes."

Versión da empresa

A compañía canadiense, que respostou de contado, "lamenta a falla de rigorosidade das críticas efectuadas hoxe por Verdegaia, baseadas nun documento de inicio que non recolle as características finais da mina". A corporación presume do seus "compromiso co medio natural e coa poboación local" e asegura que deseñará un "proxecto integrador" co medio.

Segundo sinalan a través das redes sociais, o vindeiro 14 de outubro ás 20:00h, a empresa Rio Narcea EdgeWater dará unha charla aos veciños de Corcoesto no Local Social sobre a actividade e os seus proxectos.

Consecuencias de la minería de oro a cierlo abierto (I)

Consecuencias de la minería de oro a cierlo abierto (II)

Máis información

Fonte

Comentarios