O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo
Máis argumentos en contra dos proxectos dos parques eólicos que Unión Fenosa está intentando desenvolver na Costa da Morte. Onte tocou coñecer os bens arqueolóxicos afectados polo parque de Mouriños. Hoxe imos ata Bruxelas, onde Parlamento e a Comisión europea analizan, a petición da Asoc. Petón do Lobo, a legalidade da Declaración de impacto favorable e a velocidade coa que a Xunta de Galicia aproba en tempo récord o futuro parque eólico Pena Forcada-Catasol II, que afecta ao Concello de Laxe, ese Concello que quere ser libre de eólicos.
Para Petón do Lobo, Unión Fenosa é “La niña de tus ojos” da Xunta, e consideran os dous proxectos de Cabana e de Laxe unha “trama eólica”, na que “a Xunta de Galicia trataría de reforzar a posición de Gas Natural Fenosa ante un hipotético mercado único europeo das enerxías renovables”.
Lamenta Petón do Lobo que á Xunta non lle importe a forte oposición social aos proxectos eólicos tanto de Cabana como de Laxe. Lamenta tamén que non lle importe a incidencia dos parques proxectados sobre a Rede Natura, a proximidade (está a apenas 980m) á Zona de Especial Conservación (ZEC) -Costa da Morte-, á zona de especial protección para as aves (ZEPA) -Costa da Morte e a poucos metros da Bird Area (IBA-Costa da Morte). Ademais, a paisaxe protexida Penedos de Pasarela e Traba atópase a 2.250 metros de distancia e a lagoa protexida de Traba a uns 1.590 metros.
En todo caso, como o mencionado parque eólico non se atopa dentro da zona de protección de ave, a Xunta apenas realizou mostraxes durante a época de invernada e nos pasos migratorios prenupciais e otoñais debido ao corredor migratorio e á proximidade da lagoa de Traba. Así, dende Petón do Lobo consideran que “a Declaración de impacto ambiental do parque eólico Pena Forcada-Catasol II é claramente insuficiente en relación á protección das aves migratorias da zona de especial protección de aves”.
Os conservacionistas sinalan tamén que “a Declaración de impacto ambiental non contempla as medidas previstas para previr, reducir e, na medida do posible, corrixir calquera efecto negativo relevante no medio ambiente da aplicación do proxecto eólico sobre a Rede Natura próxima ao mesmo, tomando en consideración o cambio climático. Non se establecen medidas suficientes para previr e minimizar os impactos significativos dos aeroxeradores sobre as zonas de especial protección da Rede Natura e das zonas de especial protección de aves (ZEPA) -Costa da Morte, xa que o parque eólico está situado na zona inmediatamente adxacente ás zonas protexidas”.
Novas relacionadas
- Agosto 2017: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 2017: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un Castelo medieval contra a invasión dos viraventos.
- Febreiro 2016: O Catálogo da Paisaxe abre o prazo de alegacións e alonxa aos eólicos de Laxe.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
Outras novas eólicas
- Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).